Fisterra saca un Mercado Mariñeiro para comerse o mar

Mar Galaica, no marco das súas xornadas Cómete o Mar, organiza coa colaboración do Concello de Fisterra un Mercado Mariñeiro esta fin de semana. Dende o venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño o paseo da Ribeira en Fisterra será tomado polas marabillas gastronómicas do noso mar.

Poderase disfrutar de música na rúa, títeres e Malabares, Fogos artificiais, Actividades para nen@s... pero sobre todo, moita comida.

As xornadas animan á xente a vestirse con roupa de época relacionada mar, así que saquen as escafandras e a zampar!!

Fonte

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).