Fisterra xa ten cura e espera data para a apertura da Porta Santa

Porta Santa da Igrexa Santa Maria das Areas de Fisterra

Este pasado 25 de xullo non puido haber celebracións xubilares pola falta de cura en Fisterra. De feito, tampouco se puido realizar a prometida apertura da Porta Santa da Igrexa de Santa María das Areas pola mesma razón.

Pero tras máis dun ano, despois da enfermidade de Agustín Fariñas Barreiro, a Folla Parroquial de Fisterra anuncia o nomeamento do novo cura-párroco, John Paul Britto Celestine, en forma colexiada, con dous titulares e un coadxunto, Arun Raja e Anil Merugu, os cales pertencen á Congregación dos Pais Guanelianos e xa teñen ao seu cargo as parroquias de San Juan de Sardiñeiro e a de Pereiriña.

Dende xa, conscientes da importancia que teñen, a igrexa de Santa María dás Areas e o Santuario do Santo Cristo de Fisterra, como final da prolongación do Camiño de Santiago, está aberta a igrexa para recibir aos peregrinos a maior parte do día e diariamente celébrase nela, ás 18,00 Hras., a Misa do Peregrino.

Ademais, agardan á toma de posesión nos próximos días, logo do cal poderase programar a apertura da Porta Santa.

Novas relacionadas