Fisterra xa ten cura e espera data para a apertura da Porta Santa
Este pasado 25 de xullo non puido haber celebracións xubilares pola falta de cura en Fisterra. De feito, tampouco se puido realizar a prometida apertura da Porta Santa da Igrexa de Santa María das Areas pola mesma razón.
Pero tras máis dun ano, despois da enfermidade de Agustín Fariñas Barreiro, a Folla Parroquial de Fisterra anuncia o nomeamento do novo cura-párroco, John Paul Britto Celestine, en forma colexiada, con dous titulares e un coadxunto, Arun Raja e Anil Merugu, os cales pertencen á Congregación dos Pais Guanelianos e xa teñen ao seu cargo as parroquias de San Juan de Sardiñeiro e a de Pereiriña.
Dende xa, conscientes da importancia que teñen, a igrexa de Santa María dás Areas e o Santuario do Santo Cristo de Fisterra, como final da prolongación do Camiño de Santiago, está aberta a igrexa para recibir aos peregrinos a maior parte do día e diariamente celébrase nela, ás 18,00 Hras., a Misa do Peregrino.
Ademais, agardan á toma de posesión nos próximos días, logo do cal poderase programar a apertura da Porta Santa.