Fisterra e Xapón, unidas polo sol

Fermoso e emotivo acto o vivido este martes 23 de xullo no Semáforo de Fisterra. Un programa especial emitido por streaming conectaba a vila de Fisterra coa localidade xaponesa de Nachikatsuura nun dos catro únicos días do ano no que o solpor galego (o costeiro, o último solpor da Europa continental durante estes meses) coincide ao mesmo tempo que o mencer xaponés.

Dúas vilas situadas a 10.000km de distancia unidas pola rede e polo compromiso das súas autoridades, que se renderon ante esta nova iniciativa de Jorge Mira de tecer pontes a través da ciencia, cun enfoque turístico de gran interese. O catedrático baies 

A 10.000 quilómetros de distancia, as autoridades xaponesas, entre elas o alcalde de Nachikatsuura, Hori Junichiro, o gobernador da prefectura de Wakayama, Shuhei Kishimoto, ou os representantes da embaixada de España en Xapón seguiron tamén en directo o acto a través da emisión online, en aberto para todo o mundo.

Eran as 22:00h cando o sol se mergullaba lentamente no horizonte do Océano Atlántico aos ollos de Fisterra, mentres na localidade xaponesa despuntaban xa as primeiras luces do alba ás 5.00 horas do día 24 de xullo. Con algo de retardo marchou o noso sol pola refracción atmosfética das ondas solares que, como explicou o catedrñatico baiés, provocou que o noso sol parecese permanecer máis no plano.

 

Falaron taména rexedora Áurea Domínguez e o presidente da Deputación Valentin González FOrmoso, que se lembraron do Director Xeral de Turismo, e do vicepresidente Xosé Regueira, pero sobre todo quixeron agradecer o compromiso de Mira.

A retransmisión, que podedes ver aquí embaixo, foi ben interesante, con moitos datos, e a única pega foron os pequenos fallos de conexión que sufríu a parte xaponesa. Con todo, as dúas vilas quedan xa irmandadas polo sol.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente e responsable da área de Turismo, Xosé Regueira, a alcaldesa de Fisterra, Aúrea Domínguez, e o físico e catedrático da USC, Jorge Mira,

O Programa

 

Máis novas