Invitan a participar nunha limpeza de lixo mariño na praia de Mar de Fóra
30 de outubro de 2025 (11:27 h.)
Toda a veciñanza da comarca de Fisterra e o resto da bisbarra, está invitada a unirse ao voluntariado de Mar de Fábula para limpar o vindeiro dominfo pola tarde unha limpeza na praia de Mar de Fóra.
A cita será o domingo, 2 de novembro, a partir das 17.00 horas, sendo o punto de encontro a entrada da pista/camiño que leva á praia.
A entidade levará todo o material necesario para acometer esta limpeza. A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI no correo electrónico: info@mardefabula.gal, ou no teléfono 608609042.