Mar de Fábula invita a unha nova limpeza na praia de Mar de Fóra

Imaxe dunha limpeza realizada en 2023 no areal fisterrán

A familia de Mar de Fábula convoca unha nova limpeza, desta volta na praia de Mar de Fóra, un dos puntos naturais por excelencia do Concello de Fisterra.

A cita é este sábado, 18 de abril, con quedada ás 11.00 horas. Ao non haber aparcamento, a organización agardará no medio do areal.

A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI (antes das 20.00 horas do venres, 17 de abril), no correo electrónico info@mardefabula.gal ou no teléfono 660242118. 

Dende a asociación, levarán todo o material necesario para acometer esta limpeza.