luns. 23.03.2026
El tiempo

Tres coídos de Touriñán, un pouco máis limpos gracias ao voluntariado

limpeza mar de fabula tourinan 3
Tres coídos de Touriñán, un pouco máis limpos gracias ao voluntariado

Este pasado sábado, 23 persoas acodiron á chamada de Mar ed Fábula para participar na limpeza nos coídos de Touriñán. Entre todas, puideron peitear 3 coídos retirando un total de 512kg de lixo mariño contaminante repartidos en: coído de Touriñán 297 kg, coído da Barleta: 165 kg e coído das Padoeiras: 50 kg. 

Entre aparelllos e cordas da actividade pesqueira, bidóns, zapatos, sprays, cacharros de pástico para a captura dos polbos, produtos en todas as grafías procedentes do Corredor Marítimo de Fisterra, Con todo, o máis salientable nesta limpeza son a enorme cantidade de botellas de plástico de auga que poñen novamente de manifesto a urxente necesidade de que se implementen as máquinas de recollida de envases para botellas e latas (SDDR). Tamén, as escumas sintéticas e poliuretano (porexpan), campan ás súas anchas invadindo a natureza. 

limpeza mar de fabula tourinan 1

En familia ademias gozaron dos bocatas e as bebidas e das empanadas que Miguel, tamén participante nesta limpeza e propietario das Baleas de Cee, fixo chegar.

Unha vez máis, o voluntariado, as persoas, o mellor da xornada. "A satisfacción de facer o ben en equipo é impagable e súper reconfortante nun mundo cada vez máis dixitalizado. O contacto ca natureza, o coidado da nosa Nai Terra e a unión entre as persoas resulta ser a mellor das combinacións na construcción dun mundo mellor", destaca a familia de Mar de Fábula. 

limpeza mar de fabula tourinan

Comentarios