Mimadriña tamén viste a cociña

Non para esta rapaza de Sardiñeiro. Palmira Castro, máis coñecida como Mimadriña, vén de presentar un novo proxecto artístico, en colaboración coa tenda online, tamén con raíces costeiras, vistemicocina.com.

Xa coñecían a arte desta fisterrá as creadoras da marca VMC, e este verán lle propuxeron aquelo de “Palmi, por que non volves a debuxar!”. E aí se puxo, malia que non é unha cociñeira excelente, co rotulador si que é unha verdadeira artista, e poucas mellores para decorar a cociña.

Así que xa ten deseñado unhas fantásticas tazas de café e mais unhas fermosas bolsas de tela, todas con motivos mariñeiros, como non.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).