Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1.000 barquiñas dende Fisterra a Castrelo de Miño polo ensino público

1.000 barquiñas dende Fisterra a Castrelo de Miño polo ensino público
Ducias de nenos participaron na botadura das 3.000 barquiñas de papel con Mimadrinha en Castrelo de Miño

Relamente a botadura foi de 3.000 barquiñas de papel, i é que a brava fisterrá Palmira de Mimadrinha non parou de traballar nas últimas semanas. Todo, como unha demostración para esixir o mantemente dun ensino público de calidade, i é que se pode un pecharse no colexio, pero tamén pode facer esta clase de accions tan simbólicas para erguela voz do pobo.

Ducias de nenos axudaron na botadura nas augas de Castrelo de Miño. E a propia Palmira sabe o moito que leva facer cada barquiña de papel, polo que non deixa de impresionarse pola implicación de que entre todos fixeran posible "esta teima, soño ou poema".

Palmira estivo arroupada por veciños da Costa, como Vica Romero, a Federación de Anpas da Costa da Morte e Pablo, un neno do cole de Sardiñeiro, con unha das barquiñas que veu do cole fisterrán. I é que

Palmira en Castrelo de Mino

E ás preguntas de por que, ou para que, Palmira responde claramente: Porque a cabeza non me para, por que a miña natureza como muller da Costa da Morte é ser traballadora incansable, a nena que son convírteme en creativa compulsiva, por que a miña experiencia laboral ata o momento dí que son educadora social e dinamizadora cultural, pero sobre todo por que creo na creatividade na acción educativa como elemento motivador para a transformación das persoas, ideas e sociedades.

E por que 1.000 barquiñas?: Un día Sadako quixo facer mil grullas de papel para que se cumprise o seu desexo de que houbera paz no mundo. E que temos en Sardiñeiro e en Castrelo de Miño?, pois o Atlántico e o Miño, símbolos da noso pais, e polo tanto o mellor era facer unhas 1000 barquiñas, un batallón! Listo!, agora so faltaba o desexo: O desexo é loitar polo máis prezado, a educación, a cultura. Así que abrimos as mans, mollamos os dedos na auga e soltamos o desexo, queremos unha escola pública de calidade, queremos que esta demanda chegue a tódolos portos.

Dende logo, loubamos este fermoso xeito de loitar pola "educación pública, pola cultura que prende de lugares pequenos como en Sardiñeiro e Castrelo de Miño".

E aí van uns versos da propia Palmira:

…teño os ollos cheos de barquiñas de papel,
que medran nas mans dos picaros desta terra,
deste mar,
que enchen de coloríns ata os temporais máis fortes,
e que silentes van deixando un ronsel de ilusión.
Non, as barquiñas de papel non afunden fácil…

Pero ollo, que A poesía non está so nos versos dos poetas, está na acción, nas pequenas cousas que facemos a cotío para loitar por un mundo, un país, unha terra, un mar ou unha educación millor.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios