Controlado un incendio forestal en Fisterra, onde xa arderan 130 hectáreas o ano pasado
21 de xullo de 2020 (14:42 h.)
Esta mañá declarouse un incendio na zona de Rial, entre Buxán e Sardiñeiro, no Concello de Fisterra, que segue activo nestes momentos. A rápida intervención dos medios de extinción, tanto terrestres como aéreos, permitiu controlalo rapidamente e ao redor das 12 da mañá, informaban de que xa está sendo controlado.
Dase a circunstancia de que esta é unha zona que xa viviu o ano pasado un forte incendio que calcinou máis de 130 hectáreas. Os medios continúan traballando na zona, mais a evolución parece favorable e permanece baixo control. Polo momento, descoñécense as hectáreas afectadas neste novo lume.