Novo suceso de vandalismo: Unha ducia de coche coas rodas rasgadas na recta da Anchoa
23 de decembro de 2025 (17:02 h.)
Nova acción de vandalismo a vivida esta mañá de martes 23 de decembro. Desta volta, tocou en Fisterra, na recta da Anchoa, onde algún desaprensivo dedicouse a rasgar cun coitelo, as rodas dunha ducias de coches.
Arredor das 10:00h a Policía Local comezaba a recibir avisos, se ben seguro que hai xente que aínda non se decatou do problema.
Durante toda a mañá en Talleres Sambad estiveron traballando arreo para solventar coa máxima urxencia, a desfeita.
Fica aberta a investigación por parte da Policía Local, se ben non entende moi ben esta acción vandálica totalmente aleatoria, que lembra á realizada hai unhas semanas en Cee.
Con todo, xa están solicitando as cámaras de establecimentos cercanos para ver se poden atopar algunha pista.