martes. 23.12.2025
El tiempo

Novo suceso de vandalismo: Unha ducia de coche coas rodas rasgadas na recta da Anchoa

rodas rasgadas en Fisterra
Unha das rodas rasgadas en Fisterra
Novo suceso de vandalismo: Unha ducia de coche coas rodas rasgadas na recta da Anchoa

Nova acción de vandalismo a vivida esta mañá de martes 23 de decembro. Desta volta, tocou en Fisterra, na recta da Anchoa, onde algún desaprensivo dedicouse a rasgar cun coitelo, as rodas dunha ducias de coches.

Arredor das 10:00h a Policía Local comezaba a recibir avisos, se ben seguro que hai xente que aínda non se decatou do problema.

Durante toda a mañá en Talleres Sambad estiveron traballando arreo para solventar coa máxima urxencia, a desfeita.

Fica aberta a investigación por parte da Policía Local, se ben non entende moi ben esta acción vandálica totalmente aleatoria, que lembra á realizada hai unhas semanas en Cee.

Con todo, xa están solicitando as cámaras de establecimentos cercanos para ver se poden atopar algunha pista.

Máis novas

Detido un home como suposto autor dos continuos actos vandálicos en vehículos en Cee

Comentarios