O BNG fisterrán esixe a construción do contradique e do eterno Centro de Saúde

Son demandas que xa levan tempo enriba da mesa. Pero parece que non van adiante. O BNG fisterrán levou o debate ao pleno de Fisterra, celebrado onte, unha batería de iniciativas que reclamaban do Alcalde "unha maior capacidade de negociación coa Xunta de Galiza á hora de demandar instalacións e dotacións básicas para o concello".

E recordou varios asuntos que levan pedindo anos, e que esixen a presión dende a alcaldía á Xunta. Neste sentido o BNG reclamou mediante dúas mocións que "o Concello presione e rubrique un compromiso da Xunta e de Portos para aprobar o tan necesario contradique de abrigo".

Tamén preguntan polo Centro de Saúde, xa con máis de 4 anos de retraso. Dende o BNG lembran que "non puideron sacar o compromiso foi a de que o Goberno Municipal e o seu Alcalde insten á Consellería de Sanidade a comprometer xa o Centro de Saúde", e denuncian que "se non hai aínda Centro Sanitario é por que o seu Alcalde non se move por traelo".

Seguro para os mariñeiros polos temporais

O grupo opositir destaca tamén a presentación dun rogo "instándolle ao Alcalde que presione ante á Consellería de Medio Rural e Mar para que o goberno de Feijoo recuperara novamente o seguro que cubría aos mariñeiros por día que deixan de faenar debido aos temporais. Que este seguro xa existía durante o bipartito, e a Xunta facía fronte co 70% da cobertura e o sector co 30% restante".

Recordan ademais, que o "PP negou esta posibilidade indicando que debían de estudar o contido da proposta".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.