Venres. 29.03.2024
El tiempo

Case 4 anos de espera no Centro de Saúde de Fisterra

Case 4 anos de espera no Centro de Saúde de Fisterra

Coma se fose a lista de espera dun centro médico, pero neste caso do propio edicifio. I é que xa van máis de 3 anos e medio dende que a Xunta anunciara que o novo Centro de Saúde se construiría no Porto, "tras superar os problemas de ubicación e orzamentarios que levaban retrasándoo máis de unha década". Hoxe, emite un comunicado o BNG sobre "o Centro de saúde que non será". E son xa case 15 anos e nin unha soa pedra, nin sequera a mediática "primeira pedra".

Así, os veciños seguen agardando o comezo das obras, mentres, asegura o grupo opositor, "o BNG de Fisterra preguntou durante moitos plenos pola data de execución sen obter resposta algunha por parte do alcalde, o cal supuxo un crecente malestar entre a poboación da vila".

Se a obra se aprobaba en xaneiro de 2011, xa en xuño do 2012, contemplábase no BOE unha partida de 1,6 millóns de euros, que finalmente non chegaron ao fin para o que supostamente estaban dispostos. Recentemente, José Manuel Traba respostaba ao BNG nun dos plenos ordinarios que "o centro de saúde se levaría a cabo durante o 2013". Desde o BNG preguntouse "por que non aparecía en ningunha das partidas orzamentarias aprobadas nin pola xunta, nin pola deputación, nin en publicacións no BOE... pero o alcalde respostou que se trataba dunha partida extra-orzamentaria que chegaba con fondos europeos sen ruborizarse".

Foi a prensa a que destapou que "existían algúns problemas cos fondos europeos e que o centro médico non se levaría a cabo no 2013, pero si, seguramente, no 2014". E pode que tampouco no 2014, pois a última estimación temporal é que "Sanidade non levará a cabo, "de momento", a construcción do centro de saúde de Fisterra", quedando fóra dos 15 novos centros de saúde que a Xunta porá en marcha nesta primeira fase de mellora e modernización de infraestructutas da rede de atención primaria, con vencemento no 2014. "A xerente, tampouco especificou si habería unha segunda fase. Co cal sabemos, que previsiblemente e sen medo a equivocarnos, a construcción do centro de saúde non se acometerá ata alomenos o 2017", vaticina o BNG.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Fisterra.

Comentarios