O Camiño non ten límites para Juanlu e Oliver

Oliver e Juanlu protagonizan esta singradura do #CaminoSinLimites Como nos gustan estas singulares historias peregrinas. E esta do #CaminoSinLímites é ben fermosa. Tras 790 km e mes e medio de ruta, os irmáns Óliver e Juanlu conseguiron completar o Camiño de Santiago ata Santiago de Compostela. Pero non son unha parella común. Juanlu ten parálise cerebral, cunha discapacidade do 96%, de aí a importancia de facer o Camiño de Santiago de xeito totalmente inclusivo e accesible gracias ao incansable irmán Óliver.. Un proxecto que conta coa colaboración de La Ciudad Accesible e que xa foi Premio Cidadán Europeo 2015 na categoría de Inclusión. O programa estaba pensado para rematar no Obradoiro, pero ao final animáronse a ir en coche ata a fin do mundo. Visitaron o Faro Fisterra, o Km.0, e tamén pisaron as pedras da Punta da Barca, onde puuideron ulir ese mar tan desexado polos camiñantes. Parabéns!
Equipo do #CaminoSinLimites en Fisterra [fbvideo link="https://www.facebook.com/Olivertrip1/videos/985965398178551/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).