O Camiño non ten límites para Juanlu e Oliver
15:15 25/10/16
Oliver e Juanlu protagonizan esta singradura do #CaminoSinLimites
Como nos gustan estas singulares historias peregrinas. E esta do #CaminoSinLímites é ben fermosa. Tras 790 km e mes e medio de ruta, os irmáns Óliver e Juanlu conseguiron completar o Camiño de Santiago ata Santiago de Compostela. Pero non son unha parella común. Juanlu ten parálise cerebral, cunha discapacidade do 96%, de aí a importancia de facer o Camiño de Santiago de xeito totalmente inclusivo e accesible gracias ao incansable irmán Óliver..
Un proxecto que conta coa colaboración de La Ciudad Accesible e que xa foi Premio Cidadán Europeo 2015 na categoría de Inclusión.
O programa estaba pensado para rematar no Obradoiro, pero ao final animáronse a ir en coche ata a fin do mundo. Visitaron o Faro Fisterra, o Km.0, e tamén pisaron as pedras da Punta da Barca, onde puuideron ulir ese mar tan desexado polos camiñantes.
Parabéns!
Equipo do #CaminoSinLimites en Fisterra
[fbvideo link="https://www.facebook.com/Olivertrip1/videos/985965398178551/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Novas relacionadas
- 2016: Muxía-Estocolmo-Muxía: 5.000km de Camiño do Atlántico ao Báltico.
- 2014: Un solpor peregrino ao son do chelo: The Walk.
- 2013: O peregrino de Ferro conquistou a fin da terra en só 6 días.
- 2012: A forza do Camiño para un peregrino danés.
- 2011: Sentindo o Camiño.
- 2011: Unha ruta “galitaniana” por todo o litoral da Costa da Morte.
Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera
- Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII. Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae (VII). Lendas e tradicións. O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).