O Faro Fisterra une reivindicación e cultura pola lingua

Segue a ser o Faro Fisterra, a fin da terra, un punto de encontro de enorme simbolismo para toda clase de eventos. Nos últimos tempos a reivindicación e a cultura se mesturan, como fixeron a pasada fin de semana co remate dunha peregrinaxe a prol do ensino público no rural, e como fará este vindeiro sábado 21 de setembro en clave de lingua.

É a Plataforma Queremos Galego a que convoca unha marcha pola lingua que remate con sesión musical. O punto de partida do roteiro será desde a "Cruz de Baixar" (cruceiro situado nun dos extremos da praia Langosteira, en Fisterra) ás 11 da mañá, para percorrer os 4 km. de distancia que a separan ata ao Faro de Fisterra.

É alí onde se desenvolverá o acto final con actuacións musicais e distintas intervencións en favor da lingua galega.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).