Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural

Un peregrinación ata a fin da terra polo ensino público no rural
Saida dende Corcubion da peregrinaxe educativa

Rematou xa esta peregrinación reivindicativa artellada por toda a comunidade educativa da Costa da Morte e de media Galicia. Este pasado sábado 7 de setembro, alumnos, pais, nais, mestres e mesmo un deputado, realizaron a última etapa do Camiño á fin do mundo, dende Corcubión ata Fisterra, cun claro berro: "Por un ensino público de calidade, contra a LOMCE e os recortes educativos". Ademais, a defensa do ensino no rural cobrou máis protagonismo.

Participaron os@s integrantes da Plataforma; da federación provincial de anpas de Lugo (FAPACEL); de Nova Escola Galega; e membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e da Federación de Anpas da Costa da Morte, anfitriona neste caso.

Parada en Sardineiro polo ensino publico

A xornada partía de Corcubión e mantiña unha parada en Sardiñeiro para botar as barquiñas de mimadriña. Ao chegar ao faro de Fisterra leuse un manifesto reivindicativo da Plataforma en Defensa da Montaña e o Rural, continuando con outras intervencións coincidentes co manifesto onde se expuxo a necesidade de que aos centros de ensino do rural se lles dote do medios materiais e profesionais que precisan para unha educación de calidade, incluíndo especialistas de infantil e primaria, así como o persoal de apoio necesario demandado pola comunidade educativa.

Do mesmo xeito, reiterouse a razón de estar en contra dos peches de centros e a redución de unidades, pois iso implica o desprazamento do alumnado aos centros educativos das vilas e cidades, provocando desarraigo do alumnado da súa contorna, a infravaloración da cultura rural e o despoboamento incesante do rural.

Chegada ao Faro Fisterra da comunidade educativa

Nova manifestación en Santiago

As federación provincial de anpas de Lugo (FAPACEL) e a federación de ANPAs da Costa da Morte, como integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convidaron á participación da marcha (en contra da LOMCE e dos recortes) que se celebrará o do 28 de setembro en Compostela e expresaron a necesidade de traballar xuntos todos os colectivos sensibilizados na defensa do Ensino Público para tentar paralizar a LOMCE e a política de inxustos recortes que o PP está a realizar para desmantelalo (tanto no goberno da Xunta de Galiza como no goberno central) mentres financia ás empresas privadas de ensino.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios