Os peques fisterráns recolleron os seus diplomas informáticos

O Concello de Fisterra tivo onte, luns 10 de xuño, o acto de clausura dos cursos de informática para nenos e nenas de 6 a 13 anos levados a cabo na Aula de Informática Municipal e no C.E.I.P. Areouta de Sardiñeiro. Foron un total de 60 rapaces de Fisterra e Sardiñeiro os que participaron nestes cursos onde tiveron a oportunidade de aprender dende o manexo básico dun ordenador ata programas de ofimática e retoque dixital.

A clausura celebrouse no salón de actos do Concello de Fisterra e a entrega de diplomas correu a cargo do Tenente de Alcalde e Concelleiro de Cultura e Deportes Santiago Insua Esmorís-Recamán e da formadora ocupacional Neli Cambeiro Otero. A continuación todos os participante xunto coas súas familias participaron dunha merenda na aula de usos múltiples do Concello.

Máis cursos na Aula CeMIT

A que segue formando a todo o que se presente é a activa Aula CeMIT que dinamiza Alicia López. Esta semana continúan co curso "Redes sociais e Comunicación 2.0" Este xoves 13 e venres 14: "Identidade Dixital" que impartirán por videoconferencia na aula CeMIT de Fisterra. Máis información e inscricións ata o día 12 na web www.voluntariadogalego.org.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.