Os rapaces de Fisterra apagaron o sistema

Rematou o Curso de Informática de Verán que o Concello de Fisterra puxo a dispor dos rapaciños e rapaciñas da vila do Cristo durante os meses de xullo e agosto. E os ordenadores apagáronse cunha gran festa de despedida. Ata a bandeira estivo o Salón de actos do Concello para que os 106 pequenos participantes recibirán o seu merecido diploma. A actividade estivo enfocada a nenos de entre 4 e 13 anos. Segundo contan dende o Concello, os cursos, impartidos pola Formadora Ocupacional, Nely Otero, centráronse en Informática básica e avanzada, internet, creación de videos, e tratamento da imaxe. Foron dous concelleiros ademáis da profesora, quen entregaron os diplomas aos rapaciños.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.
  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).