Venres. 29.03.2024
El tiempo

As mañás son divertidas en Fisterra

As mañás son divertidas en Fisterra

Xa comezaron no Concello de Fisterra os talleres infantís culturais dentro do programa Mañás Divertidas organizado polo Departamento de Cultura.
Son máis de 60 nen@s entre 4 e 14 anos os que cada mañá desfrutan de diversos obradoiros culturais. Globoflexia, maquillaxe, pintura de dedos, plastilina, debuxo,contacontos, xogos populares, xogos de mesa, música... son, entre outros, os talleres que desempeñarán os máis pequenos.

O taller comezou o pasado día 13 e remata o día 29 de agosto co obxetivo de que os alumnos pasen unhas mañás de aprendizaxe e diversión.
Esta actividade é unha das outras que o Concello de Fisterra ofertou este verán para público infantil e adolescentes entre as que están o Baile moderno, natación, trimaratón, tenis, fútbol, cursos de iniciación a informática e técnicas de estudio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Fisterra.

Comentarios