A Panadería Germán, de novo na Ruta Española do Bo Pan
03 de novembro de 2021 (10:21 h.)
O Pan da fin da terra volve saír nas portadas gastronómicas de todo o estado. Por cuarto ano consecutivo a Panadería Germán de Fisterra recibe a Estrella do mundo do Pan da man de Pan de Calidad e Panatics. Deste xeito, a Ruta Española del Buen Pan volve ter parada obrigatoria na fin da terra.
A Panadería, con 134 anos de historia, mantese fiel ás tradicións gracias ao empeño de Juan Luís Estevenz Panadero Artesano, que a través das redes sociais pon en valor o sabor da paciencia, da historia e da artesanía gastronómica.
Un orgullo para toda unha comarca que conta con denominacións de orixe tan importantes como o Pan de Carballo, pois coloca a comarca en publicacións de todo estado.
Novas relacionadas
- 2019: O fisterrán Juan Luis Estévez recibe, por terceiro ano, a Estrella como un dos Mellores Panadeiros de España
- Oasis veganos no mar carnívoro da Costa da Morte.