Domingo. 15.09.2019
El tiempo

Oasis veganos no mar carnívoro da Costa da Morte

Hamburguesa Lourido vexetariana de Ethel&Pan
Hamburguesa Lourido vexetariana de Ethel&Pan
Oasis veganos no mar carnívoro da Costa da Morte

Non deben ser moitos os vexetarianos ou veganos que viven na Costa da Morte. Zona hostil, en xeral, Galicia, para esta opción de protesta contra o maltrato e o uso industrial do animal.

O menú estandar daqueles que sobreviven na comarca ou dos centos e centos que nos visitan cada ano a través dos Camiños ou como simples turistas, redúcese a unha tortilla, no caso dos vexetarianos, e/ou unha ensalada de leituga, tomate e sebola (LTS, como lle chaman nas Rías Baixas), para os veganos.

Cantas veces teñen que apartar o atún (é peixe, non é unha lata) do bocata vexetal; ou cantas veces terán escoitado iso de “bueno, ten que haber de todo”; ou ata “pois se queres fágoche unha tortilla con xamón”…

Atrás quedaron aqueles tempos nos que Mesón o Gallego de Cee tiña unha completa carta para vexetarianos nas que ofrecía hamburguesas e albóndigas caseiras de soia, paté de cenoura e noces, berenxenas recgeas, tempura de verduras, diferentes gazpachos ou fideos chinos con brócoli e mazá.

A día de hoxe hai algún oasis no medio do deserto carnívoro e do océano peixeiro e marisqueiro da Costa da Morte, alén desas pizzerías nas que hai oferta vexetariana (as nosas favoritas son as da Pizzería Hilton de Vimianzo e as das Baleas Fisterra e Cee).

Verduras a brasa-menu vegano en As Eiras Lires-Costa da Morte

Un atopámolo en Lires. A familia de As Eiras, ademais de ter estreado hai pouco un caixeiro, a base de ir recibindo peregrinos de todo o mundo, xa ten o seu menú vegano e vexetariano, completando a oferta de cociña tradicional. Fantásticas son as verduras, frescas da propia horta, á brasa de leña.

Outra das propostas máis singulares da zona son os bocatas de Etel&Pan, situado no corazón de Fisterra. Os sues promotores son unha parella que coida cada detalle, e que respecta ao máximo o sabor da terra. A Hamburguesa Lourido (vexetariana) ou a Moreira (vegana) son un par de tesouros culinario da Costa da Morte, acompañada ademais polas verduras seleccionadas da horta da familia de Lires.
Pero ollo que tamén hai Setas con hummus e pan de algas, Gazpacho de 3 tomates, crema de porros, guacamole...

Setas con hummus de Ethel Pan

Comentarios