O Pecio de Punta Restrelo, un dos exemplos da Xunta do valioso patrimonio arqueolóxico subacuático das costas galegas

Alfonso Rueda na visita a intervención arqueolóxica subacuática do pecio de Punta Restelos, o posible galeón Santa María La Anunciada, afundido en 1596.

Esta mañá, unha completa comitiva institucional visitaba a comarca. Dixirida polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e acompañada por un completo equipo da Policía Nacional, visitaron dende o porto de Brens á área na que se localiza o pecio de Punta Restrelos, en Fisterra, o cal goza dun importante valor cultural e histórico ao tratarse, con case toda seguridade segundo as investigacións, do Galeón Santa María La Anunciada, afundido en 1596.

Así, e tendo en conta tanto os valores históricos como a ameaza da súa desaparición, o Executivo autonómico levará a cabo o vindeiro mes de setembro unha intervención arqueolóxica subacuática para documentar o pecio, e tamén para rescatar pezas mobles que están a ser afectadas pola dinámica mariña e poden ser obxecto de espolio. 

Unha actuación na que, xunto á Dirección Xeral de Patrimonio, colaborarán a Unidade de Buceo de Ferrol da Armada, o Grupo Operativo de Actividades Subacuáticas (Goas) da Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e o Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar. “Un traballo conxunto que é referencia ao longo de toda a costa española”, indicou Rueda.

Todo co obxectivo, tal e como explicou o presidente, de contribuír ao coñecemento e difusión da riqueza do patrimonio subacuático galego. Ademais, asegurou que “ter restos arqueolóxicos submarinos tan cerca da costa tamén é un recurso desde o punto de vista económico, porque hai moita xente no mundo que está buscando este tipo de lugares para facer inmersións, polo tanto é tamén unha fonte de turismo”.