mércores. 30.04.2025
El tiempo

Recuperan un canón de bronce do século XVI da costa fisterrá

Canón pecio Fisterra 2
Recuperan un canón de bronce do século XVI da costa fisterrá
Completo operativo coordinado pola Xunta o desenvolto esta mañá en Sardiñeiro, para recuperar un canón de bronce. Trátase dunha peza pertencente ao ámbito do pecio denominado de Punta Restelos e identificado como un buque do S.XVI que, segundo as investigacións, corresponderíase co Galeón Santa María La Anunciada, parte da frota que se afundiu nestas augas no ano 1596.

Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, catalogou o achado, localizado a 3,8 metros de profundidade e a escasa distancia da costa, de grande interese arqueolóxico e considerou a súa extracción e traslado a un centro museístico por determinar, para evitar actos de espolio e a perda dunha peza histórica que, por suposto, non ficará na Costa da Morte.

Canón pecio Fisterra 1

O operativo, desenvolto dende ás 11,00 horas participaron tamén Grupo de Buceo da Unidade da Policía Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, membros da Unidade de Buceo da Armada, con sede en Ferrol, e membros do Club de Buceo de Fisterra.

Canon fisterra seculo XVI

Canón pecio Fisterra 4

Canón pecio Fisterra 3

Novas relacionadas

 

Comentarios