Presentada a moción de censura en Fisterra
04 de agosto de 2025 (11:12 h.)
Esta mañá quedou rexistrada a moción de censura contra a alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez (Alternativa dos Veciños). Os 5 concelleiros do PP (Luís Insua Lago, José Manuel Traba Fernández, Susana Rodríguez Nemiña, Manuel Canosa Trillo, Jenifer Suárez Silva) e o concelleiro de Alternativa dos Veciños, Francisco Martínez Traba (co que as disputas coa rexedora son continuas dende hai tempo), acaban de presentar a moción de censura contra a rexedora de Alternativa.
O Pleno Municipal queda convocado para ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ao día de hoxe, o martes 19 de agosto, as 12:00h.