Que o medo non atenace Fisterra

Recibiamos onte a chamada dunha veciña de Fisterra que vén de denunciar, pero quere facelo tamén publciamente, a brutal paliza que un par de mulleres da vila lle propinaba esta semana ao seu fillo, de 15 anos.

A veciña contounos que dúas veciñas da vila do Cristo, de 23 e 28 anos, esperaron ao rapaz diante do IES Fin do Camiño, e cando baixou do bus, cuns 30 rapaces diante que tamén acodían ao centro, as mulleres lle propinaban unha severa paliza. Ademais, a nai sinalounos que as mulleres marcharon amenazando de que pola tarde acodiría un mozo dunha delas a "rematar a faena".

A nai quixo contactar con nós para facer público a súa indignación e medo ante estas detestables prácticas. Recordou que se trata dun menor, e quere alertar "para que todo mundo saiba do que son capaces algúns en Fisterra". Ademais, a familia segue tremendamente preocupada e son conscientes de que "o rapaz non pode quedar sempre na casa", pero o medo segue atenzando ao mozo e a toda a súa familia.

Piden ademais que algún mestre teña conta á saída do centro da chegada dos autobuses para evitar esta clase de problemas.

Novas relacionadas