Días de tensión en Fisterra
Vaia dúas historias as que veñen de suceder na vila do Cristo durante estes días. Se o pasado venres ns contan que tivo lugar unhda dura paliza, onte a zona do cabo vivía uns momentos de gran tensión, cando unha moza intentaba botarse ao mar.
Paliza
Segundo nos contan uns veciños, a pasada mañá de venres tres encapuchados entraron na casa dun veciño de Corveiro, de alcume reptilesco. E non o fixeron por amizade, ao parecer, pois tras propinarlle unha paliza deixárono na rúa, ao carón da súa casa, onde permanecíu horas sen poder moverse. Foi el o que, cando recuperou forzas, chamou a uns coñecidos para que foran a axudalo e estes chamaron a unha ambulancia.
Ao parecer, o día anterior houbera unha trifulca nun bar pero a cousa quedou nuns berros. Pero parece que hai cousas que precisan doutros finais. E polo de pronto, o home está en estado grave.
Unha muller intenta botarse ao mar
Corrían as 18:00h da tarde cando a Garda Civil e a Ambulancia atravesaban Fisterra dirección ao faro. I é que unha chamada alertaba que unha muller estaba intentando botarse ao mar. A muller, pontevedresa de 27 anos, baixou ata as pedras do entorno do cabo, pero gracias a intervención dos bombeiros, e mais dun percebeiro da zona, conseguiron calmala e subila.
Sobre as 21:00h xa estaba en camiño na ambulancia cara o Hospital Virxe da Xunqiera.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz.