Estes días chegounos á redacción de Que Pasa Na Costa unha nova queixa... Neste caso trátase dos desperfectos do paseo de madeira que conduce ata a praia de Mar de Fóra, en Fisterra; ocasionando un perigo para as persoas que pasan por alí para acceder ó areal.
Segundo nos indica un lector de QPC, ao parecer "un grupo de persoas cruzaron a praia a cabalo, subiron polas dunas e logo cruzaron a pasarela de madeira" ocasionando, probablemente, estes danos.