mércores. 14.05.2025
El tiempo

Queixas polo mal estado do paseo de Mar de Fóra

Queixas polo mal estado do paseo de Mar de Fóra
Estes días chegounos á redacción de Que Pasa Na Costa unha nova queixa... Neste caso trátase dos desperfectos do paseo de madeira que conduce ata a praia de Mar de Fóra, en Fisterra; ocasionando un perigo para as persoas que pasan por alí para acceder ó areal. Segundo nos indica un lector de QPC, ao parecer "un grupo de persoas cruzaron a praia a cabalo, subiron polas dunas e logo cruzaron a pasarela de madeira" ocasionando, probablemente, estes danos. Esperemos que se amañen de contado.

Comentarios