Un pleno de orzamentos e retrasos varios en Fisterra
Onte había pleno no Concello de Fisterra. Un pleno no que se aprobaban, cos votos a favor do grupo de goberno, os orzamentos do 2013, que creceron ata os case 3 millóns de euros.
Foron os orzamentos, ademais doutras infraestruturas, ou máis ben a súa carencia, os protagonistas do pleno. Os populares explicaron que a tardanza na presentación dos orzamentos beneficiaba de algún xeito que as contas cadrasen. A oposición votou en contra, o PSOE argumetando que "estes presupostos viñan fora de tempo" e o BNG preguntouse por varias partidas, como "60.000 euros en honorarios de abogados e xudiciais". O alcalde xustificou esas partidas asegurando que "son xuizos de demandas ao concello". Nos que ambos coinciden é que na redacción dos orzamentos, "o grupo de goberno non contou para nada coa oposición co cal sólo nos presentan un resumo de gastos".
Pero foi o Centro de Saúde o que colleu protagonismo no pleno. Xa a entrada, os 3 concelleiros do BNG sacaron un cartaz que reclamaba o "Centro de Saúde para Fisterra XA!". I é que xa van 4 anos dende a promesa da Xunta, polo que a oposición preguntou que era o que acontecía. O grupo de goberno insistiu en "que si estaban presionando a Xunta de Galicia, para incluilos nos orzamentos do 2014", malia que dende o BNG o consideran "pouco probable despois das declaracións da Xerente do SERGAS Nieves Domínguez nas que recoñecía que existía un primerio plazo de melloras de infraestructuras sanitarias das vilas no que non entraba Fisterra".
Puntos aprobados e retrasos varios
Noutros puntos do pleno, aprobouse por unanimidade o proxecto dunha rede de saneamento en Sardiñeiro confeccionada por augas de Galicia; e as festividades locais que quedaron fixadas para o luns de Pascua e o 8 de setembro.
Ademais, o PSOE secundado polo BNG preguntou polo PXOM, e a resposta do alcalde indicou que "había moitos problemas pero que esperaba telo listo para decembro".
As mocións presentadas polo BNG quedaron sobre a mesa a petición do alcalde, comprometéndose a levar a cabo un estudo serio sobre a peonalización do Cabo da Vila e a Rúa Real. Tamén preguntou o BNG pola falta de uso do pavillón, e a alcalde sinalou que a xente ten que solicitar o seu uso con antelación. Ademais, foron varios os retrasos os que se puxeron sobre a mesa, como a Biblioteca, o contradique de abrigo e o arranxo da ría "mixirica".
Novas relacionadas
- Case 4 anos de espera no Centro de Saúde de Fisterra.
- Domingo Guerra: A prórroga do orzamento municipal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa do BNG de Fisterra.