Una falsa alarma mobilizou en Fisterra un amplo dispositivo dos servicios de emerxencias

Onte, arredor das 18:00h da tarde, un condutor dun autobús alertou a Emerxencias Galicia duns berros que oíra aló embaixo, nos cantís do Monte do Facho, en Fisterra. O condutor asegurou que podia ser que un home caera ao mar no cabo Ffisterra e que estaba gritando.

Ata alí desprazáronse os servicios de emerxencias. Os primeiros e chegar á zona foron os membros de Protección Civil que buscaron por mar e por terrra. De contado, unha patrulla da Garda Civil, e despois chegaron o helicóptero Helimer Galicia que axudou aos medios xa despersados coas súas dúas camaras incorporadas. Tamén chegou a Salvamar Regulus que estivo buscando ata case as 22:00h da noite sen obter resultado.

Segundo nos explicou a Garda Civil, a alarma non estaba clara. De feito, dubidaban de que o berro fose dunha persoa ou dunha cabra, porque aló enriba había división de opinións. Polo de pronto, os dispositivos de rescate, paralizaron a búsqueda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e fotos de Darío Gómez.