Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Unha balea apesta Muros

Unha balea apesta Muros

A tradición balleira continúa viva na Costa da Morte. Ou morta, porque a última xa chegou falecida. Teñen aparecido, varados as nosas praias ducias de caldeiróns, pero unha balea de 31 toneladas e 18 metros xa había tempo que non chegaba ás nosas costas.

O pasado luns, arredor das 15:00h, este roncual común era divisado, xa morto, pola patrullera de aduanas na boca da ría de Muros. Aduanas avisou a Salvamento Marítimo pois, ademais de ser un obstáculo para a navegación, podería contaminar a ría no seu proceso de descomposición. Recolleuna a embarcación Salvamar de Porto do Son, que coa axuda do remolcador grande Don Inda, a achegaron ao varadoiro do remate do porto de Muros.

Alí un despliegue de persoal, armado e co narís ben tapado (o cheiro era verdadeiramente terrible) estaba preparado para desguazala. Agora unha parte xa debería estar na incineradora de Cerceda, pero de seguro que outra parte, como o esqueleto, queda nas mans da Xunta para o seu estudio.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios