Varios voluntarios de Protección Civil da Costa da Morte recollen os seus distintivos de permanencia
10 de xullo de 2024 (11:20 h.)
Esta semana entregáronse as medallas de distintivos de permamencia polos 25 anos formando parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. E varios son costeiros, como non podia ser doutro xeito.
Por unha banda, a comitiva municipal quixo acompañar a José Marcote, xefe da Agrupación de Protección Civil de Fisterra, para recoller a súa medalla de bronce.
Na xornada tamén foron recoñecidos Domingo Antonio Lestón Mosquera, da Agrupación de Corcubión e Eva Vieites, da de Muros. Precisamente, a semana pasada tamén eran premiados na Estrada os muradáns Ramón Manuel Lago Lago, Daniel Anxo París Vázquez e José Manuel Ruibal López, máis coñecidos como Jabecho, Baona e Ruibal.