Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Varios voluntarios de Protección Civil da Costa da Morte recollen os seus distintivos de permanencia

José Marcote, xefe da Agrupación de Protección Civil de Fisterra
José Marcote, xefe da Agrupación de Protección Civil de Fisterra
Varios voluntarios de Protección Civil da Costa da Morte recollen os seus distintivos de permanencia

Esta semana entregáronse as medallas de distintivos de permamencia polos 25 anos formando parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. E varios son costeiros, como non podia ser doutro xeito.

Por unha banda, a comitiva municipal quixo acompañar a José Marcote, xefe da Agrupación de Protección Civil de Fisterra, para recoller a súa medalla de bronce.

Na xornada tamén foron recoñecidos Domingo Antonio Lestón Mosquera, da Agrupación de Corcubión e Eva Vieites, da de Muros. Precisamente, a semana pasada tamén eran premiados na Estrada os muradáns Ramón Manuel Lago Lago, Daniel Anxo París Vázquez e José Manuel Ruibal López, máis coñecidos como Jabecho, Baona e Ruibal.

Jabecho, Baona e Ruibal Proteccion Civil de Muros coa alcaldesa
Jabecho, Baona e Ruibal Proteccion Civil de Muros coa alcaldesa

Comentarios