A veciñanza de Fisterra volve protestar pola falta de civismo dos "donos" dos cans que non recollen os excrementos
16 de febreiro de 2020 (21:06 h.)
A Asociación nota un “incremento moi preocupante de excrementos de cans en todos os lugares públicos”, e protestan ante eses veciñ@s que “non respectan aos demais veciños e fanlles sufrir a súa desidia co aumento da suciedade, as molestias dos malos cheiros e o ter que ir pola rúa sorteando a caca dos cans para non pisalas”.
Por todo isto, pide unha nova campaña informativa sobre a normativa municipal, así como o comportamento cívico, orientada a que os donos de cans recollan as defecacións, e que apliquen a Ordenanza Municipal que sanciona con multa devandito comportamento.