Viaxe polo mar cos alumnos de fisterra

Onte, sobre as tres das tarde, un grupo de rapaces do colexio Nosa Señora do Carmende Fisterra, dos cursos de 1ª e 2ª da ESO, saian do porto para facer una viaxe polo mar no barco turistico fisterrán María Elena, de Cruceros Fisterra. Ao igual que fixeran os pequechos do CEIP de Quenxe, a intención é coñecer máis de preto a realidade do mar. Desta volta a viaxe foi organizado pola Cofradia dos Pescadores de Fisterra.

O guia foi o poeta Alexandre Nerium, que foi explicando en cada parada as sigularidades da zona. A primeira parada foi no Castelo de San Carlos, precisamente onde Alenxadre fai e de guía. Explicou como é, quen o fixo e a orixe do seu nome.

O María Elena seguía bordeando a costa fisterrá co Óliver e Esteban aos mandos. A segunda para desta vez foi na praia de Corbeiro. Os alumnos coñeceron a orixe do seu nome e as súas lendas, e Alexandre tamen explicou a lenda do Santo Cristo de Fisterra. De seguido, explicou como os mariñeiros de antes se orientaban para saber onde había bancos de peixe.

E como non podía ser doutro xeito, a cita rematou en verso. No Centolo, Alexandre recitoulles un poema dedicado ao mesmo petouco e ao a acabaren, os rapaces viron o fondo da praia da Langosteira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Darío Gómez.