Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un crucero ao solpor de Fisterra

Un crucero ao solpor de Fisterra

Que mellor que rematar o Camiño ollando o solpor na mar da fin do mundo? Se facelo dende o alto do Cabo Fisterra, facelo dende debaixo, ao carón do Centolo, é se cadra máis espectacular. Unha viaxe na embarcación de Crucreros Fisterra polas augas da ría fisterrá é f ácil e inolvidable. 3 sesión diarias, incluída a viaxe do solpor, se cadra a máis impresionante.

Cruceiro ao solpor de Fisterra

A viaxe comeza no peirao do porto de Fisterra. O María Elena con Óliver e Esteban como patróns, enfila cara a praia Langosteira. Nada mellor que un viño e uns pinchos. Logo de paladeala, bordeamos Sardiñeiro, a praia de Talón e o fermoso Restrelo, para chegar a Estorde. O barco sae polo Cabo da Nasa en liña co cabo C e o Monte Pindo, tan imponente coma sempre ata con boina. 90º e contra o Promontorio Nerium. A súa silueta loce resplandecente pola calor de Lorenzo, que se pousa paseniñamente na zona chá da vila. Unha vez superado o peirao, o María Elena sumérxese por embaixo do Cemiterio do Cabo Fisterra, por riba dos restos do Isleña. E máis pequeno aínda se sinte nas faldas do Faro Fisterra. Inolvidable o momento no que o María Elena supera o cabo e aparece Lorenzo, baixiño e vermellón. Con sorte, unhas cantas nubes fan formas indescriptibles, tinguidas dunha ampla gama cromática. O Centolo asoma por alí. E os turistas non paran de sacar fotos. Coma nós.

Ambientazo

Ademais, sempre hai xente con historia, como este alemán de 75 anos, con máis de 1.000 quilómetros enriba nos últimos 50 días. "Santiago is ok, but Finisterre is perfect", afirmaba este peregrino do Bono Iacubus mentres sacaba a harmónica. Os turistas teñen esta fermosa oportunidade de vivir o mar. E moitos non a desaproveitan. Non se soe estar no mar da Fin do Mundo, como nos contaba Modesto Fraga na presentación do seu libro Mar de Ausencias. cruceros-fisterra-maria-elena-oliver cruceros-fisterra-pinchos cruceros-fisterra-aleman cruceros-fisterra-pindo-nasa cruceros-fisterra-solpor cruceros-fisterra-solpor-centolo cruceros-fisterra-solpor-barco cruceros-fisterra-solpor-porto

Máis información

Fonte

Comentarios