Volta ao cole de Howgarts

Os pequenos magos do cole de Fisterra

O alumnado do Colexio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra comeza o novo curso 23-24. E faino de xeito moi especial Con moito traballo e ilusión, os seus profesores tentaron recrear na escola o Mundo Howgarts, que tanto gusta aos seus alumnos, para contextualizar o lema deste curso: “Contempla”.

Así nolo conta Mary Insua, que decorou a clase de 3º con todo tipo de detalles: pocións, variñas, feitizos, mouchos e as famosas cartas que recibirán os seus mozos magos en canto atravesen as portas de Howgarts.

Este ano a rapazada aprenderá moitos feitizos, parar e contemplarse a si mesmos, aos demais e ao noso entorno. E así, envoltos nese mundo de fantasía, porán en práctica “A Maxia para contemplar”.

Entrada no cole de Fisterra ao mundo de Howarts
Decoración das aulas