1ª Autonómica: O Soneira vence por calidade e o Mazaricos dase un respiro a costa do Dumbría
- As táboas en www.futboldacosta.com
Festival de goles do Municipal de Vimianzo, con alternativas no marcador e no xogo, pero que volveu a demostrar que a golpes este Soneira cheo de dinamita ten as de gañar. En todo caso, o choque tamén sacou a relucir o partido as dificultades en defensa do Soneira, que o manteñen en todo caso como gran favorito ao ascenso con Praíña e O Pino.
Pero a atención estaba no Peña de Ouro, onde o Mazaricos venceu ao Dumbría, cun resultado demasiado abultado para o visto no esbaradizo céspede. Os amarelos están fóra do descenso con 11 puntos, os mesmos que un Volantes que foi capaz de empatar ante o potente Flavia.
O Baio daba outra boa nova e intenta engancharse pero faille falta un pouco de continuidade.
Mazaricos - Dumbría (3-0)
- Mazaricos: Dani Fedello; Mario, Borja, Maroñas, Cutu; Adrián, Chumi (Kevin), Pereiro (Joseph), Piki, Fano (Viturro) e Barbeira (Yago).
- Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Berto, Kanario, Mataso (Iago, m.69), Xaco, Rivi, Codesal (Mario, m.81), David (Dario, m.46), Yuyo (Charli, m.76) e Marcote.
- Goles: 1-0, m.24: Piki aproveita o erro de Anxo tras un balón longo de Maroñas; 2-0, m.43: Piqui remata un pase atrás de Chumi; 3-0, m.45: Barbeira á reviravolta tras unha combinación entre Fano, Piki e Pereiro a un saque de banda.
Partido estrano o vivido no Pena de Ouro, cun céspede demasiado rápido, ao que parecía que o Dumbría se adaptaba ben que comezaba ben, mandando e gañando as disputas cun bo posicionamento. Pero a sorte, esta vez si, estivo do cadro amarelo, que se atopou cun gol tras unha mala saída de Anxo que pelexa e aproveita Piki. Sacouse unha lousa o cadro de Chicho, e empezou ao facer o traballado durante a semana, conseguindo manter máis a raia ao Dumbría e controlando os tempos.
E chegaron os minutos claves do partido, cando a falta de 2 minutos para o desacnso Piki e Barbeira fan dous goles case consecutivos que deixan o choque encarrilado, sen facer demasiado.
Mellorou o Dumbría na segunda metade, que intentou meter algo de prisa xogando e facendo ocasións (como en dúas chegadas de Marcote), nun partido que o Mazaricos parou unha e outra vez, pero que tamén pechou ben en defensa.
Resultado abultado, pero tremendamente importante para os amarelos.
O Mazaricos celebrando o tanto-Fotos-Mazaricos CF
Soneira - Tordoia (5-4)
- Soneira: Javi Souto, Darío (Brais Pereira, m.60), David Agra, Diego Lois, Pichi; De la Sierra, Mayor (Fran Calvo, m.17), Javi (Leilán, m.60), Richi, Basti (Alex Taibo, m.9), Robert Pladur .
- Goles: 1-0, m.1: Róber Pladur a pase de Mayor; 1-1, m.18: 2-1, m.30: Richi a centro de Pichi; 2-2, m.44; 2-3, m.46; 3-3, m.53: Róber Pladur de penalti; 4-3, m.63: Róber Pladur de cabeza; 5-3, m.78: Richi; 5-4, m.90.
Comezaba o partido cun gol de Rober Pladur, pero pronto. As malas novas empezaban a caer para o equipo soneirán xa que Basti tivo que ser sustituído do minuto 9 por problemas musculares. Tampouco tardaba o Tordoia de Dani Calvete en empatar, na mesma xogada na que, ademais, Mayor tamén sufría un rotura muscular. Seguiría o carrusel de ocasións e Pladur puido facer o segundo pero cando se plantaba no man a man vaiselle o control do balón. As chegads seguían chegando e Richi fai o segundo, e Diego Lois tería o 3-1 pero a súa falta bate na cruceta.
Un fallo garrafal na saída de balón de De La Sierra cando mellor estaban os soneiráns, permite que os visitantes empaten o partido a un minuto para o descanso, e xusto sobre o pitido final, ante o despiste local, os visitantes póñense por diante co 2-3.
Non se deixou nada nos vestiarios o líder, e saír por todo, empatando de novo, moi cedo, tras un polémico penalti por posibles mans cando o balón bate no costado do defensor. Non tardou en volver a darlle a volta o marcador o Soneira tras un córner sacado a perfección por Diego Lois, Pladur cabecea o fondo da portería completando o triplete. Aí puido pasar de todo, pois o Tordoira tivo o empate que salvou Javi, pero Diego Lois e avisaba e Richi ampliaba a renda.
Os soneiráns quedaríanse cun home menos tras unha tonta expulsión de Richi (primeira tarjeta mui rigurosa). O Tordoia volveríase a meter no partido por medio de Estevez que aproveita un fallo na saída de Javi nun corner para empuxar a gol. Pero por fortuna o partido estaba case rematado.
Val do Ulla - Baio (1-2)
- Baio: Diego Mallo, Martín, Yago, Álex Varela, Damián, Peke, Rubio, Bieito, Manu Santiso, Porti e Martín MC.Tamén: Pablo, Carlos, Mario, Sergio e Braian.
- Goles: 0-1, m.1: Bieito a centro de Porty; 0-2, m.70: Bieito a centro de Damián; 1-2, m.72: de penalti.
Empezou moi ben o Baio moi ben, marcando xa no primeiro minuto, e marcando o control do partido en toda a primeira metade.
Seguía dominando o cadro baiés na segunda, cando chegaba o xusto segundo gol, pero de seguido recurtaba o cadro local de penalti, e os baieses acabaron sufrindo e pedindo a hora.
Volantes - Flavia (2-2)
- Volantes: Marcos, Godo, Rachón, Jano, Kacho, Charles, Óliver, Ángel, Abel, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Thiago, Pardelo e Tiko.
- Goles: 1-0, m.3: Pesco; 1-1, m.15; 2-1, m.24; 2-2, m.33 Pesco de penalti.
Con moitas baixas chegaban os de Sil, tan importantes como Amoedo, Kevin, Álex Pri ou Rubén. Pero competiron ben, defenderon comoa leóns e sacaron contras perigosas durante todo o encontro ante o que foi o mellor equipo que pasou polo Eleuterio Balayo. Pronto daba conta o cadro laranxa das intencións e Pesco abría o marcador. Apretou o Flavia primeiro nun paradón de Marcos a man cambiada a tiro de Jorge Rama, na seguinte xogada similar e este desde a frontal mete un golazo pegado ó poste. Pouco despois Uxío non perdonaría nun balón morto na área.
Non se descolocou o equipo local, e seguía co seu guión sacando contras, que remataban cun tiro de Pesco ou un man a man de Berto que cae derribado. O penalti o transfomaría Pesco. De aí ó descanso as chegadas e ocasións foron laranxas, ante unha afección, os Rochabillies que coñecçiamos de preto esta semana, absolutamente volcada.
Na segunda non hubo goles pero sí ocasions, por parte local Pesco e Berto tiveron dúas ocasións cada un, mesmo no treito final. Os visitantes tamén tiveron as súas e de feito Godo e Rachón tiveron que sacar un par de balóns baixo paus.
O Volantes agradecendo a calor da afeccion-Fotos-Adriana