Luns. 16.12.2019
El tiempo

Os Rochabillies de Baño, dende 2011 guiando ao seu Volantes

Un dos tifos dos Rochabilies de Baño para animar ao Volantes no Eleuterio Balayo
Un dos tifos dos Rochabilies de Baño para animar ao Volantes no Eleuterio Balayo
Os Rochabillies de Baño, dende 2011 guiando ao seu Volantes

Unha das cousas que fan tan mítico o Fútbol da Costa son as súas afeccións. Estes anos os Rapacollóns Big Band de Fisterra son os que máis protagonismo están levando (con motivos de sobra para telo), se ben afeccións como a dos Corviños de Muxía, a Marea Azul de Corme, as xentes do Baio, do Sofán… dan colorido cada fin de semana aos nosos campos. Non é un caso actual, e cómpre lembrar os anos felices, por exemplo, dos Muriño´s Blues ou da afección internacional do Camelle.

Por Muros, o relevo ten cor laranxa. A afección do Volantes está demostrando unha paixón espectacular conseguindo sumar dous ascensos seguidos nestas dúas pasadas campañas. Pero levan dende 2011 arroupando aos seus, dando este ano un salto de implicación, e levando as cores, e os cánticos laranxas, por todos os campos do Gr.1 da 1ª Galicia. Alucinaron en Lalín, ou Rianxo cando viron aparecer aos Rochabillies no campo…

Afeccion do Volantes nun partido fora da casa
Afección do Volantes nun partido fóra da casa

O propio Pesco, unha das almas do equipo, recoñecíanos que é algo que se fala moito no vestiario, e que lles fai correr máis cada partido, facendo que esa ilusión que se ve nas bancadas se transmite ás pernas dos xogadores.

Unha das siareiras é Adriana, que recoñece que “imos crecendo como unha familia, e a verdade é moi bonito vivilo todos xuntos e ver que eles se veñen arriba co noso apoio”. Son ademais xentes moi dispares ás que seguen ao equipo, dende rapaces da zona, mozas, familias… ata adultos que estiveron desligados do fútbol modesto pero que agora engancharon cos últimos éxitos do club.

O nome dos Rochabillies vén da orixe do club, pois boa parte dos xogadores da casa forxáronse na praia da Rocha, en Baño.

Utilizan a praza do lugar para preparar, en familia, tifos que despois serven para encher de cor o Eleuterio Balayo, e facer que os seus xogadores se sintan tremendamente acompañados nesta pelexa, facendo ademais que o Fútbol da Costa cobre unha dimensión galáctica.

Pancarta dos Rochabillies de Bano 2011A afeccion do Volantes de Bano e de todas as idades

Unha das pancartas dos Rocabillies de BanoFamilia dos Rochabillies de Bano

O Volantes cos Rochabilies de Bano celebrando o ascenso do ano pasado
Equipo e afección celebrando o ascenso do ano pasado

Novas relacionadas

 

Comentarios