1ª Galicia: O Volantes mantén a esperanza

Imaxe do Volantes-Tordoia disoputado en Esteiro. Foto-Adriana Fdez

Rematou por fin a longa Fase de Ascenso de Baio e Mazaricos. Sen nada en xogo, baieses e mazaricáns sufrían sendas derrotas en Ribeira e Rianxo e esperan xa pola Copa da Costa.

Nos grupos de permanencia, con Dumbría e Soneira certificando a súa permanencia, os outros 3 equipos teñen complicadísima á salvación. Pendentes aínda da posible salvación do Xallas (que provocaría un arrastre menos), Corme e Ponteceso dicían practicamente adeus á categoría coas súas derrotas. E complicado tamén o ten o Volantes a pesar de vencer, e depende agora de que o Ponteceso lle venza ao Ulla a semana que vén para ter opcións na última xornada.

Permanencia D1, xornada 8

Dumbría - Agolada (1-0)

  • Dumbría: Anxo, Code (Marcote), Pablo Paz, Kanario, Mataso, Baba, Brais Fdez, Xaco (Róber), Darío, Mario (Matías) e Xabi (Yuyo).
  • Gol: 1-0, m.66: Darío Capelo.

Facía calor no Conco e o Dumbría sóubose adaptar mellor, tendo o control, e disfrutando de 3 claras ocasións antes do gol. No treito final, o equipo de Pablo Conde nadou a gardou a roupa, e só Anxo tivo que facer un paradón, iso si, na única chegada dos visitantes.

Corme - Lalín (2-2)

  • Corme: Suso, Brais, Pandi, Elpy Villar, Brais Torrado, Aitor, Brais Corral, Lucas, Toniño, Samu Costa e Alejo. Tamén: Illote, Jesús, Manu Bermúdez, Noel e Javi Bermúdez.
  • Goles: 0-1, m.17; 1-1, m.41: Alejo; 1-2, m.68; 2-2, m.86: Lucas.
Foto-Fin Lema

Recuperou sensacións o cadro de Lelo e Ángel despois de varias xornadas desaparecido. Non vale para manterse con opcións de permanencia pero o equipo pensa xa na Copa.

O choque foi moi igualado, cunha primeira metade vistosa, con ritmo e constante intercambio de golpes a pesar da calor. Marcaba primeiro o Lalín nun balón dende tres cuartos que colle a Suso mal colocado. O Corme non acusou o golpe e foi polo empate, que chegaría nunha internada de Alejo que cruza perfectamente.

A segunda parte empezaba con menos ritmo pero cun Lalín máis dominador, mandando ademais 3 balóns aos paus en sendas xogadas a balón parado. O Corme á contra tería boas ocasións e incluso un gol pantasma logo que o balón lle pasase por encima o porteiro e o collera dentro (o propio porteiro asegurou que fora gol o remate do partido). Pero conseguiría o empate logo dunha boa xogada que Lucas mete por riba do porteiro.

Foto-Fin Lema

Permanencia D2, xornada 8

Volantes - Tordoia (1-0)

  • Volantes: Alex de Yi, David Pais, Mos, Manoliño, Oscarín, Miguel, Pesco, Iago, Pardelo, Toni e Kevin. Tamén: Alberte, Alex Figueiras, Isma Mayo, Santi e Pablo Martínez.
  • Gol: 1-0, m.33: Kevin.

Xogou en Esteiro o choque nunha tarde de calor, cun Volantes ben armado e buscando ás costas e xa no primeiro minuto Manoliño plantouse diante do porteiro pero mandou ao boneco. Nunha fermosa xornada por banda, Kevin adianta aos de Iván González.

Seguiron sen cometer erros os muradáns, que durante a segunda metade tiveron un par de boas ocasións para ampliar, pero o control de Kevin foise longo cando quedaba só, e Pesco enviaba o seu tiro ao pau.

Si que contra o final os de Dani Calvete apretaron e tiveron varias ocasións. Houbo medo, lembrando o acontecido na primeira fase, no deconto, pero Alex de Yi salvou cun paradón unha falta que deixa algo vivos aos laranxas.

Cruces - Ponteceso (2-1)

  • Ponteceso: Benja, Ismaul, Isaac, Juan Rey, Luis Varela, Alberto Recarey, Mendieta, Ángel, Luca, Puente e Eloy Álvarez. Tamén: Álvaro, Iván, Raúl e Charro.
  • Goles: 1-0, m.10; 2-0, m.50; 2-1, m.61: Ángel de penalti.

Non puido o cadro de Pablo Mallón traer nada positivo do Vila de Cruces, complicándose xa de todo a permanencia.

Permanencia D3, xornada 8

Soneira - Belvís (1-1)

  • Soneira: Javi Souto, Darío, Pichi, Brais Pereira, Fran Calvo, Agra, Alex Figueiras, Diego Lois, Maki, Javi Souto e Basti. Tamén: Álvaro, Brais Mouzo,Carlos, Damián e Dani Bea.
  • Goles: 0-1, m.16: de penalti; 1-1, m.72: Diego Lois.

Despois de moito sufrimento nunha temporada chea de vicisitudes, os de Pedro Gómez conseguen respirar tranquilos. E iso que levan varias lesións importantes enriba e a falta dos Mayor, De la Sierra, Ángel, Brais Mouzo, Alemán, Pichi e Nico complicoulle xuntar 11.

En fronte, ademais un Belvís xogándose a vida, que ofreciu un partido aberto no que houbo moitas ocasións polos dous lados. Adiantábase o Belvís de penalti tendo ademais ocasións para ampliar a renda. Pero saíron mellor na segunda, e Basti dispuxo ata 3 mans a mans que lle salvou o meta visitante. O empate chegaría tras unha falta de Diego Lois que toca na barreira e se cola na meta, chegando así paseniño ao remate do choque con certa sensación de perigo peron sen ocasións clarísimas.

Máis info