Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Preferente: O Xallas fai o máis difícil

Xallas hai un par de xornadas
Preferente: O Xallas fai o máis difícil

O “máis difícil todavía” fixo o Xallas esta fin de semana. Vencía ao poderoso Boiro en Fontenla, con moito traballo e un anaco de sorte, e agora aínda depende dun tropezo do As Pontes para salvar a categoría, pero a permanencia está moito máis cerca.

Fase pola Permanencia D3, xornada 7

Xallas - Boiro (1-0)

  • Xallas: Iván Couto, Julito, Samuel, Brais, Jose Eiza, Xan Caridad, Adán, Jorge Colón, Doro, Carlos Rieiro e Alex Blanco. Tamén: David, Caneda, Juan de Celia e Iván Calvo.
  • Gol: 1-0, m.69: Carlos Rieiro.

Choque tremendamente igualado na Fontenla, cun Boiro que arrincou máis enchufado e pronto tivo dúas boas ocasións que salvou Iván Couto. O cadro de David foise metendo no partido e acabou o primeiro tempo envorcando o campo contra a portería visitante, cunha destaca ocasión para Xan.

Na segunda, non conseguía ninguén facerse co dominio, ata que Carlos adiantaba aos seus. Aí o Boiro veuse arriba, e mandou un par de balóns aos paus que non entraron e permiten sumar 3 puntos de ouro aos xalleiros.

Ten 14 puntos o Xallas, polos 12 do As Pontes, nesa loita pola 2ª praza que aseguraría a permanencia, pero o Xallas ten un partido máis.

Fase de Ascenso, xornada 7

Fisterra - Sarriana (1-1)

  • Fisterra: Iván Bouzón, Pablo Vigo, Cea, Breixo, Aarón Fdez., Lobelos, Estévez, Diego Cespón, Julián, Víctor Casais e Adrián Makaay. Tamén: Bugy, Colombia e Vía.
  • Goles: 0-1, m.37; 1-1, m.90: Adrián Makaay de penalti.

Con tan só 14 xogadores dispoñibles contaba Juan Porrúa, pero o equipo tirou de orgullo para competir e pelexarlle o partido a un gran equipo é o Sarria. Primeira parte moi disputada na que os locais conseguiron poñer en apuros en máis dunha ocasión ao meta visitante. Pero na única chegada do Sarria, gol.

Arrincaba a segunda cun Fisterra máis estirado, intentamdo roubar o balon máis preto da área. Tardaron en chegar as ocasións pero o equipo tivo fe e xa sobre o pitido final, un penalti foi transformado polo 7 para acadar un puntiño e agaradecer á afección o seu eterno apoio.

Máis info

Comentarios