3ª FUTGAL: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu

11 do SD Oza onte no Carral que bateu ao Cee e se pon líder en solitario da 3ª FUTGAL

Viña con 4 de 4 o Cerqueda ao derbi oleiro, pero o Buño aguantou e impediu o pleno dos de Gurita, que quedan agora 2 puntos por debxaido dun Oza que segue impresionte e superou a un dos cocos da categoría como é o Cee.

Pereiriña - Nantón (3-1)

  • Pereiriña: Xacobe, Cartamil, Aitor, Oca, Estebo, Martín, Brais Lagoa, Pablo Trillo, Adan, Tito e Oli. Tamén: Xavi, Abel, Maelo, Gabri e Bicho.
  • Nantón: Álvaro, Mikel, Abelenda, Fran Torres, Fariña, Carlos Vidal, Josue, Dani Andrade, Aarón , Jorge Rey e Alex López.
  • Goles: 0-1, m.34: Alex López nun balón ás costas da denfesa; 1-1, m.52: Martín de fermosa falta: 2-1, m.55: Martín; 3-1, m.77: Maelo.

Partido de calor no Sampaio de Refoxos, que comezaba cunha primeira metade frouxa, con impresicións, cun Pereiriña algo mellor, pero sen acerto ante un Álvaro que salvaba o 0-0. Comezaba pegando primeiro o Nantón cun pase longo que sorprende aos centrais e deixa só a Alex López para bater a Xacobe.

Na segunda saíu apretando máis o cadro de Julito, e pronto chegaron os goles. Martín, de fermosa falta dende 30 metros, conseguía o empate, e de contado facía o segundo nunha xogada con varios rebotes, provocando que os visitantes se viñesen abaixo. Maelo facía o terceiro de falta lonxana.

Camelle - Coristanco (0-2)

  • Camelle: Roi, Chans, Hucho, Micael, Martín, David, Fabián, Josiño, Gaby, Miguel e Sandro.
  • Coristanco: Roberto, Borja, Pablo Sabucedo, Lorenzo, Dani Vázquez, Mateo, Pablo Pose, Xoel, Kevin, Dani Casti e Lou. Tamén: Villajos, Jose, Benxa, Rodri.
  • Goles: 0-1, m.42: Pablo Pose; 0-2, m.73: Pablo Pose.

Partido moi igualado no Rodeiro, cun Camelle moi centrado que quixo ir polo partido dende o primeiro momento. Pero non estiveron acertados os de Sergio, e si ao fío do descanso, a pesar de non conseguir combinar nin profundizar demasiado na primeira metade, Pablo Pose abría o marcador para os de Adrián Lema.

Saía coa mesma intensidade o cadro local na segunda, mesmo con cambio de debuxo, pero de novo repetiuse o guión: os camelláns non acertaban, e Pablo Pose non perdoou a súa para dar 3 puntos aos verdes.

Baíñas - Muxía B (3-2)

  • Baíñas: Fabián, Samu, Fabichas, Darío, Manu, Ibra, Esrtiven, Esteban, Chavico, Ruli e Crisca. Tamén: Pablo, Dani, Anibal, Chori e Leo.
  • Muxía B: Joel, Peski, Aitor, Javi Vilela, Iván Sambad, Baamil, Noé, Damián, Kevin Carballo, Eloy Sambad e Papin. Tamén: Joseluis, Isma, Adrián Alcaina, Damián, e Furelos.
  • Goles; 1-0, m.15: Crisca; 2-0, m.37: Ruli; 2-1, m.38: Kevin Carballo; 3-1, m.60: Ruli; 3-2, m.90: Isma.

Partido de tensión que comezaba con xogo moi precipitado en ambos conxuntos, sendo o cadro de Antelo o que se metía por diante. Pero Crisca acertaba e daba tranquilidade aos locais. Chegaba o segundo, de Ruli, pero de seguido Kevin recurta e volve deixar o choque aberto para a segunda.

Comezaba o partido igualado e nunha contra Ruli amplía a vantaxe. A partir de aí o filial foi apretando, ata recurtar sobre os 90, e facendo sufrir no desconto aos vimianceses.

Buño - Cerqueda (0-0)

O SDCD Buño vestiu unha camiseta en homenaxe a Daniela de Mi Princesa Rett
  • Buño: Pouso, Isaac, Alan Moscoso, Eloy Trigo, Adrián Pose, Marrtín Nantón, Jorge Calvete, Andrés, Alexis, Sergio e Sergio Aguiar. Tamén: Lamas, Jesús, Facal, Fraguiña e Pablo Pombo.
11 do UD Cerqueda en Xaviña
  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Andrés, Hugo Fraga, Mario, Schuster, Braus Costa, Eloy Santos. Tamén: Brais, Baye, Aitor, Sergo Villar e Iván Rey.

Fermoso derbi o vivido en Xaviña, de poder a poder, moi intenso e derpotivo, con diversas ocasións nos dous lados pero sen acerto, que deparou un empate xusto, pero que debería rematar con varios goles no marcador.

Se cadra na primeira apretou máis o cadro de Gurita, peroa medida que pasaban os minutos abríanse os espazos. No segundo igual os de Pablo Mallón, tendo ocasións claras sobre todo por medio de Fraguiña nun man a man e nun remate de cabeza. A mellor para os cerquedáns, un man a man de Marcos Pensado que salva Pouso no treito final.

Volantes - Seaia (1-1)

  • Volantes: Xandre, Núñez, Truji, Marcos Gosende, Bruno, Javi, Raúl, Edu, Jordy, Aaron, Manu. Tamén: Adri Tajes, Oscar Calo, Manu Fontenlos, Marco e Pola.
  • Seaia: Anxo, Marcos, Alex Mato, Brais, Noel, Nico, Alex, Rafa, Simón, Iván Caamaño e Manu Castro. Tamén: Isaac, Erik, Manu Cancela e Pablo Caamaño.
  • Goles: 1-0, m.16: Manu Lago; 1-1, m.59: Erik.

Empate de altura que comezaba moi ben o cadro de Ramiro Bao, que dominou moi ben. o primeiro tempo, marcando un tanto, e tendo ocasións para levar unha maior renda no marcador.

Igualáronse as forzas na segunda, e cada equipo considera que xogou mellor que o rival, sendo Erik o encargado de materializar o empate. No treito final, xa cansados os laranxas tiveron varios mans a mans que salvou Anxo, pero tamén os malpicáns tiveron un par de contras para levar o partido.

Oza - Cee (4-1)

  • Oza: Benja, Davicillas, Bolón, Raúl, Marcos, Miguel, Nacho, Lavandeira, Hugo Fraga e Salah. Tamén: Saad, Fernando, Eloy Suárez e David Suárez.
  • Cee: Jorge, César, Jonatan, Munitis, Oreiro, Carlos, Xián, Josiño, Fontaíña, Pablo e Fidalgo. Tamén: Manuel, Matteo, Marco, Rober, e Diouck.
  • Goles: 1-0, m.10: Salah remata un centro de Nacho; 2-0, m.23: Salah; 2-1, m.70: Fidalgo; 3-1, m.70: Salah; 4-1, m.75: Nacho.

Saía moi intenso o cadro carballés, coa liña do medio campo moi arriba, ante un Cee que non acaba de espertar. Xa avisaba aos 5 monutos cun balón de salah ao pau, e pouco despois Salah remacha un centro de Nacho. Tardou pouco en marcar o segundo Salah, tras unha boa xogada colectiva e un fermoso control.

Relaxáronse os carballeses e o Cee veuse arriba ata o descanso, puidendo ter recortado distancias. Fíxoo na segunda, conectando ben entre liñas, e Fidalgo recurtaba. Pero a reacción chegou nada máis sacar de centro, Nacho conectaba de novo con Salah para firmar o triplete e deixar o choque case sentenciado.

Inter de Brens - Lira (3-2)

  • Inter: Gonzalo, Javichu, Cristian, Alex Castro, Rubén, Leo, Juan Lagoa, Jose, Ferreiro, Evarristo Torices. Tamén: Costa, Diego, Santi Agulleiro, e Barreiro.
  • Lira: Raúl, Xurxo, Quin, Carlos, Ramón, Alex, Alexander, Alberto, David e Iván París. Tamén: Marcs, Pablo Leis, Kajulo, Hugo e Iago.
  • Goles: 1-0, m.3: Jose Romero; 1-1, m.57: Alexander; 2-1, m.59: Jose Romero; 3-1, m.64: Rubén; 3-2, m.92: Pablo Leis.

Volvía recibir nos primeiros minutos o Lira de Óscar Leis, o que deixou unha primeira metade de dominio alterno pero moito nerviosismo sobre todo nos lirachos. O Inter manexaba mellor os tempos, puidendo levar máis renda ao descanso.

Saíron mellor os visitantes na segunda, máis enriba. Alexander empataba tras un bo pase de Iván París, pero acto seguido o Inter fixo o segundo cun gol, de novo de Jose Romero, dende fóra da área moi protestado polos liracho por unha posible falta previa. Ese tanto fixo moito dano nos visitantes, e pouco despois os de Juan Cobéns ampliaban a renda, tendo xa que remar a contracorrente dos visitantes, que só recurtaban no desconto sen tempo para máis.

O Inter de Brens celebrando a vitoria ao Lira

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información