luns. 22.09.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: Oza, Cee e Cerqueda mandan

11 do SD Oza en Cee
11 do SD Oza en Cee
3ª FUTGAL: Oza, Cee e Cerqueda mandan

Segunda xornada de Liga e xa só quedan 3 equipos cos 6 puntos. Un o Oza, que suma grosas goleadas, igual que o Cee, que tamén mete respecto, e o Cerqueda, que conseguíu remontar ante o Camelle. Pinta ben p Lira de Óscar Leis, que freou ao Buño de Pablo Mallón. E o Peiriña de Julito, que conta con bos reforzos, e venceu en Arliña na volta aos campos de Maikel. O Volantes presentouse esta campaña completamente renovado, e con vitoria.

Inter de Brens - Oza (0-6)

  • Inter de Brens: Jose Costa, Christian, José Angel, Ferreiro, Juan Lagoa, Evaristo, Kevin, Rubén, Leo, Javichu e Torices. Tamén: Jose, Adrián Pasantes e Santi Agulleiro.
  • Oza: Benjamín, Davicillas, Raúl, Brais, Marcos, Hugo, Miguel, Lavandeira, Saad, Salah, Nacho. Tamén: Matías, Fernando, Suárez, Roberto e Moreno.
  • Goles 0-1, m.18: Davicillas; 0-2, m.33: Nacho; 0-3, m.41: Salah; 0-4, m.42: Salah; 0-5, m.74: Nacho de penalti; 0-6, m.76: Nacho.

Superioridade total do Oza en Cee, ante un Inter que regalou cos seus erros varios tantos ben aproveitados pola artllería carballesa, que suma 13 goles a favor e 0 en contra en dous partidos.

Xa avisou dende o comezo o Oza con varios mans a mans, pero tardou en abrir a fenda. Con todo, o 0-4 ao descanso daba boa conta da superioridade dos de Míchel ante os de Juan Cobéns.

SD Oza tras vecner en Cee
SD Oza celebrando o triunfo en Cee

Volantes - Baíñas (3-1)

  • Volantes: Ryan, Jesús, Alexis, Bruno, Alex Louro, Javi, Jordy, Raúl París, Iván, Manu Lago e Roberto Lado. Tamén: Adri Tajes, David Outes, Marco e Edu.
  • Baíñas: Fabián, Pablo Calvo, Fabián, Santi Moreira, Estebo, Kevin Fandiño, Esteban, Sami Quintáns, Arias e Rully. Tamén: Fabio Allo, David, Leandro, Cristian e Marcos.
  • Goles: 1-0, m.11: Javi de penalti; 1-1, m.19: Kevin Fandiño tras roubo na saída de balón; 2-1, m.39: Jordy; 3-1, m.84: Manu Lago.

Vai mellorando o Baíñas de Antelo, aínda en fase de construción tras un convulso verán, e onte xa competiu en Miraflores, ante un Volantes renovadísimo (un 80%) que se estreaba na competición tras descansar a primeira xornada e ao que se lle notaron os nervios, sobre todo na primeira metade.

Comezaron ben os verdes, pero pronto comezaron a competer erros, o Volantes de Ramiro se adiantaba dende os 11 metros por un penalti inocente. Non se descompuxo o equipo vimiancés, que conseguía empatar tras un roubo na saída de balón, pero antes do descanso, un mal despexe da defensa permitía ao Volantes meterse por adiantes. Reaccionaron e neses últimos 5 primeiros minutos da primeira metade tiveorn varias para empatar os de Antelo.

Comezou forte o Baíñas a segunda, pero o Volantes aguantou e soubo matar o partido no treito final, tendo varias ocasións claras antes de sentenciar, e deixando moi boas sensacións na parroquia laranxa.

Lira - Buño (2-1)

  • Lira: Raúl, Xurxo, Christian, David, Carlos, Ra, Alexander, Alberto, Iván París, Migueliño e Quin. Tamén: Aitor, Xandre Beiro, Marcos, Damián Torea e Iago.
  • Buño: Lamas, Isaac, Alan, Jorge Calvete, Andrés, Hugo, Elías, Adri Pose, Martín Nantón, Sergio Martínez, Sergio Aguiar e Andrés. Tamén: Jesús, Pablo Pombo, Facal, Brais Fraga, Regueira.
  • Goles: 1-0, m.37: Iván París; 1-1, m.63: Elías; 2-1, m.78: Iván París de penalti.

Partido moi igualado, co balón pasando máis por riba que por abaixo, pero moi de ida e volta, sen dominador claro e chegadas ás dúas áreas. Comezaba os de Óscar Leis dominando cun Buño moi intenso na presión. As ocasións ían sucédendose nun lado e outro, e se para os de Mallón tiveron un par de Jorge e outra de Sergio Aguiár, si que Lamas tivo tamén que sacar un tiro de Quin, pouco antes de que Iván París aproveitase un balón longuísimo para definir o 1-0. O Buño tivo uns minutos bos despois dese gol e tratou de igualar sen logralo.

Tras o descanso saían moi fortes os locais que tiveron dúas claras, unha mesmo batendo no pau. Do que puido ser a sentenza, pasouse no ida e volta ao gol do empate, por medio de Elías, que voltaba tras unha longa lesión. O partido seguía de arriba para abaixo, e nun penalti Iván París facía o 2-1. Co 2-1 no marcador o Buño apretou, e mesmo chegou a pedir un penalti por mans na área local.

Cerqueda - Camelle (5-3)

  • Cerqueda: Héctor, Brais, Marcos Pensado, Dani Riexía, Andrés, Hugo Fraga, Ba, Schuster, Brais Costa, Eloy Santos e Palermo. Tamén: Breo Cancela, Moisés, Iván Rey, Brais Pombo e Víctor.
  • Camelle: Ángel; Chans, Dido, Ruso, Martín (Raiku); David, Jorge (Miguel), Josiño, Gaby, Sandro (Micael); Lucas P.
  • Goles: 0-1, m.8: en propia; 1-1, m.12: Eloy Santos; 2-1, m.27: Palermo; 2-2, m.35: Sandro de penalti; 2-3, m.37: Sandro; 3-3, m.55: en propia; 4-3, m.70: Andrés nun córner; 5-3, m.79: Brais Costa.

Partido de tolos en Xaviña, que comezaba cun Camelle moi serio, intentando dominar ante un Cerqueda que comezaba marcándose un gol en propia tras unha falta lateral. Non tardaban en reaccionar os de Gurita que metían o empate tras unha xogada por banda. Dominaba aí o cadro local, ampliando pronto a renda os locais. Pero nos últimos 10 minutos da primeira, un arreón dos de Sergio permitíalle darlle a volta ao marcador con dous goles de Sandro.

Aguantaba ben o Camelle as embestidas cerquedás no comezo da segunda, pero un gol en propia aos 10 minutos, matou a un cansado cadro camellán, que empezou co nerviosismo e as imprecisións. Un córrner e un erro permitiron ao Cerqueda sentenciar.

Nantón - Seaia (5-0)

  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Dani Andrade, Javi Torres, Carlos Vidal, Julio, Kevin Reino, Alex López, Suso e Iago Torres. Tamén: Juan, Borja, Josua, Dani Castro e Jorge Rey.
11 do sporting seaia 25-26 en Nanton
11 do Sporting Seaia en Nantón. Foto: Sp.
  • Seaia: Anxo, Marcos, Alex Mato, Simón, Álex García, Manu Cancela, Erik, Edu, Rafa, Diego e Juni. Tamén: Brais, Iván, Pabo, Martín Costa e Nico.
  • Goles: 0-1, m.20: Alex Mato; 0-2, m.37: Alex Mato tras unha boa parada de Álvaro a unha volea de Juni; 0-3, m.46: Juni a centro de Edu tras un bo cambio de orientación de Rafa; 0-4, m.47: Edu a pase de Rafa; 0-5, m.80: Pablo Caamaño a centro de Erik.

Bo partido do Seaia de Jorge ante un Nantón de Adrián Varela que non acabou de atoparse. Comezaba dominando lixeiramente o cadro visitante nun céspede das Fontiñas que vai collendo mellor color. O primeiro tanto chegou tras unha gran xogada colectiva dos malpicáns, e pronto, noutra contra, o capi Alex Mato ampliaba a renda. Xusto antes do descanso, chegaba unha xogada clave: Juni quedaba só diante do porteiro tras un desmarque, e foi empurrado por Dani Andrade cando era o último defensor. O árbitro sinalou a falta e expulsou ao defensor, deixando ao Nantón cun xogador menos.

Nada máis dos vestiarios, dous goles consecutivos de Juni e Edu sorprendían aos cabaneses, sentenciando o partido. Xa co Nantón con 10 pola expulsión de Suso por protestar, chegaba o gol máis celebrado da tarde, do veterano Pablo Caamaño, que aos seus 45 anos segue aínda a pé do cañón.

Sporting Seaia tras ganar en Nanton
O Sporting Seaia celebrando o gol de Pablo Caamaño nos vestarios de Fontiñas

Muxía B - At. Pereiriña (2-4)

  • Muxía B: Joel, Javi Vilela, Iván Sambad, Noé, Damián Soneira, Javi Rey, Adrián Baamil, Eloy Sambad, Miguel Papin, Isma. Tamén: Prieto, Maikel, Adrián Furelos, Xoel.
  • Pereiriña: Xabi Trillo, Eloy, Cartamil, Aitor, Calo, Martín, Gabri, Brais Lago, Pablo Trillo, Víctor Agulleiro, e Oli. Tamén: Jose, Abel, Adri Castro, Adán Leis, e Bichiño.
  • Goles: 0-1, m.3: Oli de penalti; 0-2, m.70: Martín; 1-2, m.74: Javi Rey; 1-3, m.74: Víctor Agulleiro tras unha boa xogada por banda de Miguel; 2-3, m.90: Maikel de falta; 2-4, m.90: Martín.

Partido igualado que comezaba cun gol dende os 11 metros de Oli, que estreou a súa conta goleadora co cadro ceense trala súa saída do Lira. Durante moitos minutos o partido estivo igualado cos de Congui tendo ben o balón ante un equipo de Julito moi ben posicionado, pero algo impreciso co balón. Rompíase o partido a 20 do final, cando marcaba Martín par aos ceenses, pero nada máis sacar de centro, recortan o filial muxián. O partido ía dun lado a outro e tras unha boa xogada por banda de Miguel Víctor faría o terceiro para o Pereiriña. Quedaba aínda a mellor nova da tarde. Maikel, o eterno capi muxián, que voltaba a xogar case que un ano despois, saía e marcaba un golazo de falta directa, antes de Martín pechase o choque cun bo tiro dende o borde da área tamén pola escuadra.

 

Cee - Laxe (8-1)

  • Cee: Jorge, César Calvo, Jonathan, Munitis, Juan Oreiro, Carlos, Keko, Pablo, Eze, Iker e Josiño. Tamén: Matteo, Fontaíña, Roberto, Xián e Iván Blanco.
  • Laxe: Solís, Darío Mira, Bruno, Pablo Barreiro, Izan, Darío Martínez, Djamel, David Gándara, Brais Varela, Raúl e Samu Amado. Tamén: Roi Toja e Santi.
  • Goles: 1-0, m.3: Juan Oreiro; 2-0, m.39: Josiño; 3-0, m.50: Eze; 4-0, m.62: Keko; 5-0, m.66: Eze; 6-0, m.79: Eze; 7-0, m.70: Josiño; 8-0, m.76: Josiño; 8-1, m.84: Darío Mira.

Con 7 lesionados e apenas 13 xogadores se presentaba o cadro de Ordóñez no enorme campo do San Paio de Refoxos. E xa nada máis saír Juan Oreiro abría a contenda. Aguantaban os visitantes pero co paso dos minutos o dominio dos de Rafa era cada vez maior. Os tripletes de Josiño e Eze completaron a goleada.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios