3ª FUTGAL: O Malpica volve á Liga da Costa
Mentres por Cee se disputaba a doble final da Copa da Costa, polo norte da comarca, o centro neurálxico do Fútbol da Costa era Pedra Queimada. O Malpica recibía ao Oza na volta da final da promoción de ascenso á 2ª FUTGAL, contando coa vantaxe do 0-2 da ida.
O campo malpicán vivía unha entrada histórica, con preto de 1.000 persoas, con dúas afeccións entregadas, nun choque no que o equipo de David Baña, que vía como o Oza se metía por diante, reaccionaba rápido e sentenciaba a eliminatoria nos primeiros minutos da segunda metade.
Malpica - Oza (3-1)
- Malpica: Ndoye, Pablo, Damián, Jorge Parga, Luís, Adrián Pose, Fran, Diego García, Cristian, Aday, Chicha. Tamén: Joel, Eloy, Sergio, Julián e Raúl.
- Oza: Samuel, Brais Bolón, Alex Moreno, Alberto, Gabin, Javi, Crespo, Hugo Fraga, Nacho, Abib e Salah. Tamén: Raúl, Alexis, Jose, Vilarilio e Juan Lagoa.
- Goles: 0-1, m.47: Alex Moreno; 1-1, m.48: Chicha; 2-1, m.60: Luís; 3-1, m.68: Sergio.
Tras uha primeira metade moi igualada e con moito respecto, comezaba o Oza pegando primeiro, e metendo aos carballeses de cheo na eliminatoria por medio de Alex Moreno. Pero reaccinou moi rápido o cadro malpicán e case que na xogada seguinte Chicha enfriaba as esperanzas visitantes empatando o partido. Non tardaron Luís e Sergio en sentenciar a volta dun histórico como o SCD Malpica á Liga da Costa.
Máis novas