martes. 03.06.2025
El tiempo

O Malpica encarrila nun ateigado Carral a súa volta á Liga da Costa

SD Oza- SCD Malpica da promocion de ascenso a Lga da Costa
Ambientazo no Carral no SD Oza- SCD Malpica da promoción de ascenso a Lga da Costa
O Malpica encarrila nun ateigado Carral a súa volta á Liga da Costa

Acollía o Carral un fermoso partidazo da ida da final da promoción de ascenso á 2ª FUTGAL. Colas no campo de Sofán, case medio millar de persoas nas bancadas, coas afeccións máis entregadas xa cantando media hora antes do encontro. No céspede, o Malpica conseguiu un claro 0-2 para a volta en Pedra Queimada, pero o SD Oza non dá a eliminatoria por perdida e pelexará ata o final o ascenso á Liga da Costa.

Colas no Carral para o SD Oza-SCD Malpica
Colas no Carral 

Oza - Malpica (0-2)

  • Oza: Samuel, Dani Cotelo, Brais, Alex Moreno, Lagoa, Alberto, Nacho, Hugo Fraga, Saad, Salah e Abib. Tamén: Diego, Puñal, Alexis, Javi Vilariño e Christian.
O SCD Malpica no Carral
O SCD Malpica no Carral
  • Malpica: Abdou, Pablo, Damián, Jorge Parga, Adrián Pose, Fran, Luís, Diego Hombre, Cristian, Aday, Chicha. Tamén: Eloy Vilas, Joel, Sergio, Julián e Raúl.
  • Goles: 0-1, m.25: Aday remacha con clase un rexeite de Samuel a un turo de Cristian; 0-2, m.82: Sergio nunha contra.

Gran partido do Malpica ante un Oza tamén moi serio. Foi un partido moi igualado, algo brusco, con rifirafes seguidos entre xogadores que xa se coñecen demasiado. Comezaron os dous equipos contemplativos, conscientes de que había 180 minutos por diante. 

Avisaba o Malpica cun remate de cabeza de Fran que paraba Samuel. Pero respostaba o Oza ao cuarto de hora cun tiro de falta de Lagoa que Nacho falla no rexeite ante Abdou. Pouco despois abría fenda Aday Mato, un dos nomes da temporada na 3ª Galicia, cunha clase espectacular.

Apretou o Oza pero no treito final, pero arriba estaban moi espesos, e se atopaban unha e outra vez cun Abdou imperial por arriba.

O cadro de David Baña soubo aguantar, e manexar os tempos, mentres seguía o choque brusco. Tivo algunha o Malpica por medio de Fran, Chicha e Luis que non acertaron ata que xa no último treito, Sergio nada máis entrar, cazou un balón en logo e fixo o segundo ante s protestas dos locais por un posible fóra de xogo.

No últimos 10 minutos envorcáronse os carballeses pero non tiveron sorte cara gol, pero é o cadro malpicán o que leva unha fantástica renda de cara a volta en Pedra Queimada, dando un importante paso para volver á Liga da Costa, despois de 3 temporadas na 3ª.

Máis novas

 

Comentarios