3ª FUTGAL: Oza e Cerqueda manteñen o pleno

11 da UD Cerqueda

Sen sen moi superiores, Oza e Cerqueda se manteñen no alto da táboa contando partidos por vitorias. Por detrás colócase o Coristanco que sufriu do lindo para superar a un bo Seaia. Cee e Buño asinaron unhas xustas táboas, mentres o Lira vencía ao Baíñas nun partido de idas e vidas, e o Inter de Brens estreaba o seu taboleiro de vitorias ante un Volantes tocado.

Muxía B - Oza (0-3)

  • Muxía B: Javi Rey, Peski, Javi Vilela, Michael, Iván, Noé, Damián, Kevin Carballo, Eloy Sambad, Papi, Baamil. Tamén: Aitor, Prieto, Isma, Adrián Alcaina e David.

  • Oza: Benjamín, Marcos Carro, Brais Bolón, Raúl, Roberto, David, Nacho, Iago Lavandeira, Salah, Hugo Fraga e Saad. Tamén: Alex Vázquez, Miguel, Fernando, David e Matías.
  • Goles: 0-1, m.15: Nacho de volea pola escuadra; 0-2, m.27: Hugo Fraga; 0-3, m.76: David.
Nacho e Eloy Sambad, capis do Oza e o Muxía B, co colexiado Manuel Castro Mouzo

Saíu moi mal o Oza, no seu peor partido da temporada. Así e todo, a pegada dos de Míchel foi clave para ir con vantaxe de 0-2 ao descanso, tras unha primeira metade na que os de Congui intentanban tocar algo máis pero non podían coa fortaleza dos carballeses.

Máis do mesmo na segunda, cun Oza moi efectivo e un filial que o intentaba pero non podía recurtar nin de penalti, que paraba Benjamín xa no treito final.

Imaxe do Muxía B-Oza no marabillo campo da Arliña

Inter de Brens - Volantes (4-1)

  • Inter: Gonzalo, Marcos, Javichu, Christian, Leo, Rubén, Juan Lagoa, Fernando, Evaristo, Ferreiro, Torices. Tamén: Costa, Leo, Kevin, Santi Agulleiro, Barreiro.

  • Volantes: Xandre, David Outes, Javi Romero, Manu Lago, Pola, Ryan, Marcos Gosende, Alex Louro, Aarón, Guile, Raúl París e Manu Lago. Tamén: Jordy, Marco Esteban, Jonathan, Fontenlos, Edu.
  • Goles: 1-0, m.16: Jose; 1-1, m.42: Aarón; 2-1, m.61: Torices; 3-1, m.66: Leo; 4-1, m.68: Rubén.
Javi Romero e Javichu, capis de Volantes e Inter de Brens, co colexiado Ivan Guerra

Primeira vitoria do Inter de Cobéns ante un Volantes con moitas baixas e de moitos regalos. Os ceeenses comezaban ben avisando cun balón ao longueiro e o primeiro de Jose, que entraba chorando. O Volantes perdía a Ryan cun golpe tremendo, que lle provocou unha luxación no hombreiro..

O Inter trataba de ofrecer ante un Volantes esperando atrás, pero acababa abusando de balóns arriba. Conseguían empatar os de Ramiro Vao tras unha xogada por banda.

A segunda estivo máis aberta, pero sempre co cadro local ofrecendo algo máis. Así e todo Gonzalo tiña que sacar unha gran ocasión dos laranxas antes de que Torices fixera o 2-1 cunha afortunada vaselina que se cola gracias ao vento. Foi un pau duro para os muradáns, que viron como en poucos minutos Leo e Miguel sentenciaban tras unha boa xogada de Fernando por banda e tras un erro na saída do meta visitante nunha falta lateral.

Lira - Baíñas (4-2)

  • Lira: Aitor, Xurxo, Christian, Carlos, Ramón, Alexander, Alberto, David, Kajulo, Migueliño e Joaquín. Tamén: Raúl, Alexandre Beiro, Marcos, Pablo Leis e Iago.
  • Baíñas: David C., Samu, Fabichas, Rodri, Manu, Santi, Stiven, Chavico, Crisca e Ruli. Tamén: Fabián, Dani, Chori e Darío.
  • Goles: 0-1, m.1: Santi Moreira; 1-1, m.12: Kajulo de falta; 1-2, m.20: Manu; 2-2, m.48: Alexander; 3-2, m.88: Pablo Leis; 4-2, m.91: Alexander.

Partido vibrante no que o Baíñas se conseguía meter por diante ata en dúas ocasións e acabou sucumbindo, con graves erros. Comezaba o choque co cadro de Antelo sorprendendo aos lirachos nun balón longo que cazaba Santi Moreira. O Lira tomaba o mando, algo lentos co balón, e aparecía o eterno Kajulo, que estreaba titularidadade, para marcar de falta. Alexander, o home do partido tanto polos goles como pola vertebración do xogo, mandaba ao pau, pero era Manu o que adiantaba aos vimianceses.

Non perdeu a calma o equipo de Leis, que tirou de veteranía e de xente que sabe controlar as fases do partido, para saber cando apretar. Foi á saída dos vestiarios cando apretaron máis os lirachos, e nunha boa xogada por banda Ramon pon un bo centro e Alexander fai o 2-2 de cabeza. O Baíñas non conseguía reaccionar, pero pasaban os minutos e o partido parecía que se ía ao empate, ata que aparecía a calidade de Pablo Leis para marcar dende fóra da área. O propio Pablo deixaba só a Alexander no desconto para sentenciar o choque.

Nantón - Laxe (2-0)

  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Fran Torres, Xoel, Borja, Carlos Vidal, Aarón, Jorge Rey, Alex López e Iago Torres. Tamén: Kevin, Dany Añón, Julio e Dani Castro.
  • Laxe: Rodri, Darío Mira, Pablo Barreiro, Brais, Leo, Guzmán, David, Izan, Alex, Eloy, e Djamel. Tamén: Raúl, Jacobo, Aarón, Darío Martínez e Santi.
  • Goles: 1-0, m.26: Alex López; 2-0, m.73: Jorge a centro de Alex López.

Non puido empezar con vitoria Manu Saleta á fronte do Laxe trala destitución de Ordóñez. O Nantón levou os puntos nun choque cheo de imprecisións, no que a presión laxense impedía sacar con claridade. Un disparo de Álex López dende fóra da área abría o marcador nunha das poucas chegadas ás dúas áreas da primeira metade.

Xa na segunda, o Laxe pegou un baixón físico e os locais estaban cada vez máis en campo contrario. Así e todo, Álvaro tivo que aparecer en 3 ocasións para manter o empate ante as perigosas contras do cadro laxense. A expulsión de Yago deixaba o partido máis aberto pero de contado os de Adrián Varela facían o segundo e deixaban o choque xa setenciado.

CD Nantón celebrando os 3 puntos

Coristanco - Seaia (3-2)

  • Coristanco: Dani Villajos, Borja, Pablo, Lorenzo, Dani Vázquez, Jairo, Mateo, Pablo Pose, Loureiro, Kevin e Dani Casti. Tamén: Roberto, Asier, Diego Castro, Jose e Andy.
  • Seaia: Isaac, David, Marcos, Alex Mato, Noel, Manu Cancela, Erik, Diego, Edu Souto, Rafa Souto, e Juni. Tamén: Anxo, Brais, Iván, Alex e Alejandro.
  • Goles: 1-0, m.60: Dani Casti; 2-0, m.70: Dani Casti; 2-1, m.80: Alex Mato tras un rexeite a tiro de Rafa; 2-2, m.87: Alex Mato de penalti; 3-2, m.94: Dani Vázquez.

Partido de infarto na Rocheira, tremendo e intenso. O Seaia comezaba mandando co balón, tendo boas ocasións, pero sen acabar de decidir. A expulsión de Jairo ao cuarto de hora deixaba aos de Adrián Lema con 10, o que provocou que o dominio dos malpicáns aumentase, pero sen acerto cara gol.

Cos cambios, os locais saíron moito máis activos e revolucionaron o partido, aproveitando as dúas ocasións claras da man de Dani Casti, claro. Pero reaccionaba o equipo de Jorge Martinez, que marcaba dous goles case consecutivos por medio de Alex Mato, cun penalti metido e outro fallado polo medio, para empatar o choque.

Xa no descontísimo, cando o partido esmorecía, un despexe da defensa malpicá golpea en Dani Vázquez e se cola para facer o 3-2.

Cee - Buño (2-2)

  • Cee: Jorge, Jonathan, Diouck, Munitis, Oreiro, Carlos, Fontaíña, Jose, Íker, Pablo e Fidalgo. Tamén: Iago, Gonzalo, Roberto, Marco, Xián.
  • Buño: Alex Pouso, Isaac, Hugo, Jorge Calvete, Adrián Pose, Sergio, Andresiño, Alexis, Eloy Trigo e Sergui Aguiar. Tamén: Lamas, Jesús, Dani, Javi Facal e Cristian Regueira.
  • Goles: 0-1, m.5: Sergio Aguiar adiántase á defensa; 1-1, m.22: Jose de fermosa falta directa; 2-1, m.45: Carlos nun córner; 2-2, m.75: Adrián Pose nunha xogada a balón parado.

Empate xusto no Sampaio de Refoxos, tras un choque con varias fases. Comezaba o Buño dominando algo máis e meténdose pronto por diante, pero a partir do cuardo de o Cee tomaba o mando e provocando imprecisións dos oleiros, e empataba pronto cunha fermosa falta de Jose. Tamén a balón parado se adiantaban os de Rafa ao fío do descanso.

Saíron os oleiros con forza na segunda, correndo máis riscos, tratando de xogar máis o balón. E se ben á contra puido sentenciar o Cee, os de Pablo Mallón tamén tiveron unha de Sergio Aguiar que salva un defensa baixo paus, e outra de Andresiño, antes de que Adrián Pose asinara o empate noutra xogada de estratexia.

Cerqueda - Pereiriña (2-0)

  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Andrés, Hugo Fraga, Schuster, Brais Costa, Eloy Santos, Mario e Palermo. Tamén: Anxo, Brais, Ba, Cesar, e Iván Rey.
  • Pereiriña: Xabi, Eloy, Cartamil, Oca, Aitor, Estebo, Martín, Gabri, Bris Lagoa, Javi Calo e Oli. Tamén: Tito, Abel, Xacoe, Pablo Trillo e Bicho.
  • Goles: 1-0, m.32: Marcos Pensado; 2-0, m.36: Hugo Fraga.

Apretado partido o vivido en Xaviña que se decidiu en dous balóns parados. O Pereiriña de Julito apretou moito dende o comezo, sen deixar xogar aos de Gurita. Con todo, os locais souberon gardar as súas armas, e apretar cando facía falta, pelexar por alto e buscar arriba o poder aéreo de Palermo. En dúas faltas laterais, Marcos Pensado facía de improvisado goleador para abrir o marcador e de contado Andrés facía o segundo.

A segunda continuaba tensa e igualada, co Pereiriña apretando cada vez máis. A falta de 5 minutos os ceenses protestaron un gol pantasma que o colexiado non considerou e tamén contea o final a defensa malpicá tivo que sacar un balón baixo paus, que puido ter metido aos visitantes no encontro.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información