3ª FUTGAL: O Pereiriña frea ao Cee
Chegaba o Cee con dúas vitorias ao derbi ante o Pereiriña, pero o bravo equipo verdinegro conseguía unha vitoria que o aúpa moi preto do dúo de cabeza. Oza e Cerqueda seguen sumando vitorias rotundas, solbre todo o cadro carballés, de goleada en goleada.
Camelle - Nantón (2-3)
- Camelle: Ánge (Brais)l; Chans, Hucho (Moha), Micael, Martín; David, Fabián (Jorge), Josiño, Gaby (Ruso), Miguel (Lucas) e Sandro.
- Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Fran Torres, David Fariña, Xoel, Carlos Vidal, Dany Añón, Jorge, Julio e Iago Torres. Tamén: Alex López, Aarón, Carlos Amado, Dani Castro e Josué.
- Goles: 1-0, m.18: Fabián; 2-0, m.48: Fabián; 2-1, m.71: Jorge; 2-2, m.77: Álex López; 2-3, m.83: Álex López.
Comezaba tranquilo o partido no Rodeiro, xogando no medio campo cando o cadro de Sergio lanzaba un par de zarpazos: unha ao pau e outra para dentro de Fabián. De aí ao remate da primeira o Nantón tivo máis o balón, pero o choque era un ir ev virchegando tamén á área local, cun remate de cabeza de Añón, dous disparos de Yago bos e un ar de córners de Benbe e Jorge.
Comezaba a segunda co novo gol do Camelle, cun disparo dende lonxe, facendo moito dano ao Nantón. Pero os de Adrián Varela non se viñeron abaixo e pouco a pouco foron dándolle a volta ao partido. Jorge no 60 enganchou un rexeite e recurtou dende fóra da área. Yago tivo un man a man e Jorge outro remate dentro da área antes de Alex López marcase tras unha falta lateral que entra polo segundo pau sen tocar en ninguén.
Volvía reaccionar aí o Camelle, que se foi polo partido, mandando outro balón á madeira, pero era, xa no treito final, o Nantón o que levaba o premio despois dun sensacional pase de Jorge, Álex López define no man a man.
Pereiriña - Cee (2-1)
- Pereiriña: Xabi, Cartamil, Aitor, Oca, Estebo, Martín, Brais Lagoa, Adán, Adri Castro, Oli e Víctor Agulleiro. Tamén: Tito, Jose, Abel, Gabri e Bicho.
- Cee: Jorge, Jonatan, Matteo, Munitis, Fontaíña, Joel, Carlos, Keko, Íker, Eze e Josiño. Tamén: Cesar, Oreiro, Roberto, Diouck e Pablo.
- Goles: 1-0, m.30: Oli de penalti; 2-0, m.49: Brais Lagoa; 2-1, m.88: Josiño.
Non foi quen de controlar o partido o Cee, a pesar de levar o peso, pero non conseguía ter profundidade ante un moi ordenado equipo de Julito, que soubo xogar moi ben as súas cartas, poñendo máis intensidade, roubando en zona perigosa e sacando rápidas transicións. Así chegaría o 1-0, tras un mal control do meta Jorge, que comete penalti ante a presión de Oli. O ex do Lira non fallou dende os 11 metros.
Nadaa máis comezar a segunda, outro erro na saída de balón permitía a Brais Lagoa ampliar a renda dos locais cun golazo dende fóra da área. Os de Rafa apretaron na recta final, aproveitando que o Pereiriña quedaba con 10 pola expulsión de Adán. Ao final recortaría Josiño distancias nun cabezazo pero xa sería tarde.
Baíás - Inter de Brens (3-1)
- Baíñas: Fabián Pérez, Fabián Agulleiro, Santi Moreira, Estebo, Cristian Canosa, Rodri, Esteban, Arias, Samu Quintáns, Rully e Kevin. Tamén: Pablo Calvo, Fabio Allo, Marcos, David e Leo.
- Inter: Costa, Leo, José Ángel, Javichu, Evaristo, Ferreiro, Kevin, Christian, Jose, Juan Lagoa, Torices. Tamén: Alex Castro, Rubén, Barreiro, Marcos e Ángel.
- Goles: 1-0, m.6: Santi Moreira; 2-0, m.48: Rully; 2-1, m.56: Alex Castro; 3-1,m .84: Rully.
Partido igualado, que comezaba co cadro de Antelo moi enchufado e que pronto se adiantaba por medio de Santi Moreira. Intentouno o cadro de Juan Cobéns pero segue sen sorte cara gol, e tiveron varios balóns que repeliu a madeira.
Comezaba a segunda co tanto de Rully para os locais, pero pronto recurtaba Alex Castro para os ceenses. Aí tivo o empate o Inter, cun Baíñas algo nervioso que perdeu varios balóns conflitivos que o Inter non soubo aproveitar. Ao final, sentenciaron os vimiancéses á contra.
Buño - Muxía B (1-0)
- Buño: Pouso, Martín, Isaac, Alan, Alexis, Jorge Calvete, Hugo, Adrián Pose, Martín, Andresiño, Sergio Aguiar. Tamén: lAmas, Pablo, Eloy Trigo, Sergio e Brais Fraga.
- Muxía B: Joel, Peski, Aitor, Javi Vilela, Baamil, Martín, Damián, Elou Sambad, Papin, Javi Rey, Isma. Tamén: José Luís, Iván Sambad, David, Michael e Furelos.
- Gol: 1-0, m.30: Andresiño define no man a man tras un despexe longo de Pouso.
Partido estrano en Xaviña, con varias fases e unha vitoria que ben puido ser un empate. Empezaba o Buño moito máis metido no partido, con v arias ocasións de Sergio Aguiar ou Alexis, pero tardou en chegar o gol, ata que Andresiño, o pequeno dos Lois, aproveita un despexe longo de Pouso e define no man a man.
Aí non soubo pechar o partido o cadro de Pablo Mallón, e nada máis saír dos vestiarios os oleiros quedan con 10 pola xustiña expulsión de Alán. O filial veuse arriba, e pasou a dominar o partido, se ben os oleiros tiveron un par de ocasións de Rafiña e Isaac para sentenciar. Pasaban os minutos e os muxiáns ían chegando e chegando, pero os paus e as intervencións de Pouso salvaron ao Buño.
Laxe - Cerqueda (0-2)
- Laxe: Solís, Darío Mira, Roi Roja, Pablo, Izan, Darío Martínez, David Gándara, Brais, Djamel, Samu Amado e Rául. Tamén: Bruno Valiña e Santi.
- Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Andrés, Brais, Hugo Fraga, Brais Costa, Eloy Santos, Mario, Schuster e Palermo. Tamén: Alex Vilar, Unai, Aitor, Diego Míguez e Sergio Villar.
- Goles: 0-1, m.61: Andrés; 0-2, m.75: Palermo.
Partido igualado ao que chegaba en cadro o equipo de Ordóñez, con apenas 2 cambios, que tiveron que gastar moi pronto por lesión. E mentres tiveron forza aguantaron a un Cerqueda que dominaba territorialmente, pero que non conseguía facer demasiado dano. O vento complicaba o xogo, e non foi ata o a segunda metade, cando chegarían os dous goles dos de Gurita, ambos a balón parado.
Volantes - Coristanco (0-2)
- Volantes: Ryan, Javi, Iván, Alexis, Bruno, Saúl, Alex Louro, Marcos Gosende, Manu Lago, Aarón, Raúl París. Tamén: Adri Ameijenda, Roberto Lado, Iago Beiro, Manu Fontenlos e Edu.
- Coristanco: Roberto, Borja Rey, Samuel, Sergio Lorenzo, Jose Antonio, Dani Vázquez, Dani Casti, Mateo, Kevin e Loureiro. Tamén: Villajos, Pablo Sabucedo, Benxa, Xoel e Rodri.
- Goles: 0-1, m.54: Dani Casti de penalti; 0-2, m.89: Pablo Pose.
Partido igualadisimo en Miraflores, que comezaba con chegadas illadas a unha e outra área, tendo que aparecer Ryan e Roberto. Era un choque moi desputado, no que apareceron os xuvenís do Coristanco para decantar o partido. En fronte, o tamén novísimo cadro de Ramiro Bao que comezaba mellor a segunda metade, pero xusto aí, unha mala presión provocaba un penalti e Dani Casti dende os 11 metros, e despois de sufrir media hora, tendo o Volantes varias ocasións, a máis clara unha co porteiro batido que salvou un defensa baixo paus, Pablo Pose sentenciaba para os de Adrián Lema.
Oza - Lira (5-1)
- Oza: Benjamín, Davicillas, Raúl, Lagoa, Marcos, Hugo, Miguel, Lavandeira, Saad, Salah e Nacho. Tamén: Matías, Fernando, Suárez, Roberto e Moreno.
- Lira: Raúl, Xurxo, Xandre, David, Carlos Cortizo, Ramón, Cristian Formoso, Alexander, Alberto, Miguel e Joaquín Tamén: Adrián Brea, Cristian González, Pablo Otero, Manu Buján e Iago.
- Goles: 1-0, m.1: Salah; 2-0, m.3: Saad; 2-1, m.70: Carlos Cortizo; 3-1, m.71: Fernando; 34-1, m.85: Roberto; 5-1, m.90: Nacho.
Comezaron moi forte o Oza que marcaba antes de cumplirse o primeiro minuto aproveitando un erro groso do central, e apenas dous minutos despois facía o segundo tras unha boa combinación. Espertou aí o equipo de Óscar Leis que igualou a contenda ata o descanso, pero que botaba de menos a baixa de Iván, que levaba os 4 goles do equipo liracho.
Comezou forte o Lira a segunda, que recurtaba nun córner e metía medo nun Oza que reaccionou e marcou rápido, deixando practicamente o partido listo, cun Lira que se deixou ir e os de Míchel sentenciando á contra.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.