Os 5 equipos costeiros da 2ª Div. Feminina competirán no mesmo grupo
15 de setembro de 2025 (16:44 h.)
- A táboa da 2ª Div. Fem en www.futboldacosta.com.
Tras moitas idas e vidas, moitas desaparicións e moitas renuncias ao ascenso (só na Liga da Costa xa renunciaron Ponteceso e Corcubión), por fin a RFGF presentou o calendario da 2ª Div. Feminina (aínda queda os da 3ª).
Este vindeiro domingo 21 de setembto xa comeza esta competición autonómica, nun grupo 1 no que competirán os 5 equipos costeiros (Cee, Dumbría, Esteirana, Muxía e Corme). Tamén comeza o Xallas na 1ª Div. e farao na casa ante o Victoria CF B.
Falamos dun grupo de 17 equipos, para poder meter ao Milagrosa e a Esteirana no grupo norte, se ben con toda probabilidade o vindeiro curso volverá haberá cambios o curso que vén nas categorías femininas, para intentar adaptalas á realidade xeográfica galega e que dependan das delegacións.
Máis info
- A táboa da 2ª Div. Fem en www.futboldacosta.com.